menú

As bandas de música, protagonistas en Tolemias

14/01/2019
Blog R

En xaneiro, as bandas de música son as protagonistas en Tolemias, subscrición da televisión R na que estarán dispoñibles todas as actuacións do certame galego de bandas de música que se celebrou no Auditorio de Galicia en novembro.

Concertos das bandas de música

  • Unión Musical de Meaño
  • Banda de Música Municipal de Celanova
  • Banda de Música de Lalín
  • Banda de Música Municipal de Valga
  • Sociedade Musical de Pevidém
  • Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
  • Banda Sementeira de Narón
  • Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
  • Banda de Música Popular “Airiños do Morrazo” de Moaña
  • Agrupación Musical da Limia
  • Banda de Música Xuvenil de Rubiós
  • Agrupación Musical de Goián
  • Banda de Música de Antas de Ulla
  • A Lira de Ribadavia
  • Banda de Música O Landro de Viveiro
  • Banda de Música da UVCD de Candeán

Tolemias contará tamén con outras dúas grandes novidades: o concerto de García MC no ‘Cantos na Maré’ de 2018 e o concerto-gravación de ‘El Círculo del Pájaro’ en Casa de Tolos.

‘El Círculo del Pájaro’

‘El círculo del Pájaro’ é unha gravación dun traballo discográfico con público, realizada o día 16 de novembro de 2018. Mesturada e masterizada no estudio de ‘Casa de Tolos’, localizado en Gondomar, conta coa produción de Segundo Grandío e as composicións e arranxos de Arévalo e Casquero.

‘Cantos na Maré 2018’

García MC é un referente do rap en Galicia, con alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural. Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte de Dios Ke Te Crew e a Banda Fura Fura. Presenta o seu último espectáculo con Nación Quilombo e conta coa presenza moi especial do pianista cubano Alejandro Vargas, dentro do Festival da Lusofonía Cantos na Maré 2018.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.