
O febreiro máis ‘White’ da tele
E ti, es ‘white’? Descúbreo en febreiro na televisión R. Temos a canle AXN White en aberto para todos os clientes. No dial 26.
AXN White é unha canle aberta a todos os públicos pensada para gozar ao máximo da televisión en todos os xéneros, dende o drama á comedia máis disparatada. En definitiva, a canle máis nova de AXN ten personalidade propia pero sen perder esa esencia 100% AXN.
Unha peli cada día
Prepara os flocos de millo, que AXN White encárgase das películas. Historias reais, acción en familia, fantasía, fugas e persecucións… Con nomes propios do cine que non necesitan presentación, como Tarantino ou Edward Norton, e caras menos coñecidas, polo menos de momento.
Neste febreiro de 29 días, non credes que nos vén ben unha dose extra de motivación e superación persoal? Varios títulos espertarán o teu lado máis optimista e decidido. Toma nota de ‘Rudy, reto a la gloria’ ou ‘Los chicos de mi vida’.
E sendo febreiro non podía faltar o mellor cine para desfrutar ou para afrontar San Valentín. Dende o xoves 13 ata a medianoite do venres 14, emisión do ‘San Valentín, 24 Horas de Amor Non-Stop’, con citas e romances para todos os gustos: ‘Michelle & Obama’, ‘Hitch: Especialista en ligues’, ‘Mejor imposible’, ‘El diario de Noa’…
Series para toda a familia
En AXN White tes tamén un bo número de series coas que sacar o teu lado máis auténtico.
Se crees que a túa familia é un caos, bota unha ollada a ‘Melissa e Joey’ ou ‘Papá canguro’.
Se queres poñer a proba as túas dotes detectivescas, practica con ‘Franklin e Bash’ ou ‘Ladrón de guante blanco’.
Se es máis de series de avogados, toca ‘Suits: A Clave do Éxito’. Poucas series poden presumir de contar entre os seus protagonistas con Gabriel Macht, Patrick J. Adams e Meghan Markle, cunha ‘Royal’ de verdade…
En febreiro, únete coa televisión R ao lado ‘White’ da tele
E lembra que a partir de marzo podes seguir desfrutando de AXN White dentro do paquete TV “total”.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.