menú

AXN estrea ‘The Oath’

26/11/2018
Blog R

O domingo 2 de decembro, ás 23:30 h, chega a AXN (dial 21) a serie ‘The Oath’. Acción e drama para as noites da televisión R.

Trátase dunha serie centrada na cultura das cuadrillas formadas por aqueles que xuran protexer e defender a identidade de sociedades secretas e corruptas nas que é imposible entrar, xa que só uns poucos dan o talle. Pero unha vez que estás dentro, os membros farán o que sexa para protexerse uns a outros dos inimigos de fóra e dentro das súas propias cuadrillas.

Cando un grupo de policías corruptos coñecidos como ‘Los Cuervos’ son arrestados, deben infiltrar unha toupa do FBI entre eles ou enfrontarse á prisión. Correspóndelle ao líder da banda, Steve Hammond, e ao seu irmán Cole ocultar o trato á cuadrilla, incluído ao seu pai encarcerado, Tom.

Da realidade á ficción

‘The Oath’ é unha serie creada por Joe Halpin (‘Hawaii Five-0’, ‘Secrets and Lies’), quen traballou como subdirector na oficina do sheriff de Los Ángeles durante 17 anos, 12 dos cales foi axente secreto. A produción mostra a complicada dinámica destas organizacións e está documentada nas vidas de todos eses que están dispostos a arriscar o que sexa para conseguilo todo.

A serie está protagonizada por: Sean Bean (‘Juego de Tronos’), Ryan Kwanten (‘True Blood’), Cory Hardrict (‘Gran Torino’), Arlen Escarpeta (‘The Magicians’), Katrina Law (‘Training Day’) e J.J. Soria (‘Animal Kingdom’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.