menú

AXN estrea a segunda tempada de ‘The Good Doctor’

02/10/2018
Blog R

O mozo médico revelación da tempada volve á televisión R. O martes 9 de outubro, ás 22:05 h, AXN (dial 21) estrea a segunda tempada de ‘The Good Doctor’.

A nova entrega conta coa incorporación da actriz Lisa Edelstein. Tras o seu salto á fama interpretando á doutora Lisa Cuddy en ‘House’, volve a coincidir con David Shore, o showrunner que está detrás das dúas ficcións médicas. Nesta ocasión, dará vida á doutora Blaize, unha especialista en oncoloxía que volve ao St. Bonaventure Hospital tras unha suspensión laboral.

Un grande éxito

A serie protagonizada por Freddie Highmore é líder de audiencia en EE.UU.

Narra a vida de Shaun Murphy, un mozo cirurxián residente con autismo e síndrome de Savant que chega ao hospital St. Bonaventure para desenvolver a súa carreira. Sen familia próxima e con dificultades para relacionarse co resto do mundo, o seu único protector é o Dr. Aaron Glassman. Xuntos enfrontaranse ao escepticismo e os prexuízos do equipo do hospital, mentres Shaun debe traballar máis duro que nunca para demostrar aos seus colegas que posúe unha capacidade extraordinaria para a medicina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.