menú

AXN estrea ‘Harrow’

29/08/2018
Blog R

O luns 3 de setembro, ás 22:05 h, chega a AXN (dial 21) a serie ‘Harrow’.

Trátase da historia dun médico forense nada convencional que, debido a motivos que manterá ocultos, se ve obrigado a colaborar coa policía.

Todo vale para axudar ás vítimas

O Dr. Daniel Harrow non é un médico forense común. Á súa falta de respecto pola autoridade, únese unha total empatía polos falecidos que fai que sexa capaz de resolver os casos máis estraños. Está decidido a dar voz ás vítimas e romperá calquera regra se con iso logra chegar á verdade do sucedido.

Ata que un gran segredo do seu pasado aparece para ameazar a súa carreira, a súa vida e a da súa familia. Por unha vez, terá que botar man do seu enxeño, algunha artimaña e o seu coñecemento forense, pero non para resolver un caso, senón para mantelo oculto.

Harrow está interpretado por Ioan Gruffudd, un actor xa coñecido polos fans da canle como protagonista da serie ‘Forever’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.