menú

AXN estrea o drama médico ‘Transplant’

22/06/2021
Blog R

Recibimos un novo doutor na televisión R coa estrea da serie ‘Transplant’. O doutor Bashir Hamed chega destinado a AXN e pasará consulta as noites dos martes ás 22:00 h a partir do día 22 de xuño.

Unha exitosa carreira truncada pola guerra

Bashir Hamed, un carismático doutor sirio especializado en medicina de urxencias e con máis que probadas habilidades médicas adestradas no campo de batalla, foxe xunto á súa irmá da súa patria devastada pola guerra. O seu destino é Canadá, onde ambos os dous se converten en refuxiados e terán que loitar para forxar a súa nova vida. Se Bash quere volver exercer a medicina, terá que refacer a súa formación médica desde cero.


Tras moitos impedimentos, un día, de modo inesperado, Bash consegue un posto de residente no departamento de emerxencias do mellor hospital de Toronto. Pero non vai ser un camiño fácil. A formación de Bash é diferente; a súa experiencia de vida tamén o é, e non parece compatible cos seus novos colegas. Pero a súa viaxe é universal. A súa gran paixón polo que fai e a súa ilusión son contaxiosas. Será o seu traslado de Siria a Canadá un éxito?

‘Transplant’ está escrita por Joseph Kay (‘This Life’, ‘Frontier’). O elenco da serie encabézao Hamza Haq, acompañado por Laurence Leboeuf, John Hannah, Jim Watson e Ayisha Issa, entre outros.

Apúntaste aos martes de médicos en AXN?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.