menú

AXN estrea ‘Doc’

09/09/2020
Blog R

Presentámosche a ‘DOC’. É o mellor especialista en medicina interna… ou iso lle din, porque tras sufrir un grave accidente el é incapaz de lembrar os 12 últimos anos da súa vida.

O Dr. Andrea Fanti é un dos máis brillantes especialistas de medicina interna, aínda que todos o recoñezan como frío, distante e con escasa empatía polos seus pacientes. Tras un terrible incidente, Andrea perde todos os recordos dos seus últimos 12 anos, consecuencia dunha gravísima lesión na cabeza. Agora atópase por primeira vez no outro lado: o do paciente.


Desposuído de anos de recordos, Andrea sentirase á deriva nun mundo descoñecido no que fillos, amigos ou colegas do hospital lle resultan alleos e estraños. Con todo, nun intento por manter a cordura, toma a decisión de permanecer no seu lugar de traballo aínda que iso supoña ter que atopar un novo modo de ser o que era.

Unha historia real trasladada á pantalla

‘DOC’ está baseada en feitos reais e conta a verdadeira historia do Dr. Pierdante Piccioni, quen publicou varios libros nos que conta a súa incrible vida. Esta é unha das claves do éxito da serie, convertida en todo un fenómeno de audiencias en Italia.

O actor italiano Luca Argentero interpreta ao doutor Andrea Fanti. Acompáñano Matilde Gioli no papel de Giulia Giordano; Sara Lazzaro como Agnese Tiberi; Beatrice Grannò como Carolina Fanti; Gianmarco Saurino como Lorenzo Lazzarini; e Raffaele Esposito como Marco Sardoni.

Así que xa sabes, tes cita co Dr. Andrea Fanti dende o martes 15 de setembro en AXN. Desfruta da nosa televisión R!

Etiquetas: , , , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.