menú

AXN estrea ‘Carter’

21/08/2018
Blog R

O martes 28 de agosto, ás 22:35 h, AXN (dial 21) estrea ‘Carter’.

Protagonizada por Jerry O´Connell (‘The Big Bang Theory’, ‘Crossing Jordan’), céntrase na historia dun actor, Harley Carter, que debe volver á súa cidade natal tras vivir unha época de fama en Hollywood.

A fuxida de Hollywood

Como estrela da serie de detectives número 1 en EE.UU., Harley conta con todas as vantaxes da fama e do éxito, pero todos eses anos tamén conseguiron desgastalo. Unha incontable cantidade de festas, eventos e 16 horas de traballo diarias deixárono con tan só unha vaga memoria do que un día foi, mentres bota de menos ao Harley dos comezos. Ademais, o seu precipitado matrimonio coa supermodelo Winter Wood está destruíndose, en parte porque ela ten unha relación cun dos compañeiros de Harley, estrela tamén do seu show.

Harley decide fuxir de todo iso, malia os dous anos que quedan de contrato, e encamíñase á súa casa no norte para avaliar de novo a súa vida.

Actor, detective ou simple crise de madurez?

De volta en Bishop, a Harley resúltalle difícil que a xente se esqueza do seu pasado na televisión e o tome en serio. Ocórrelle mesmo aos seus dous mellores amigos, Sam Shaw (Sydney Poitier Heartsong) e Dave Leigh (Kristian Bruun), quen cren que está a atravesar a clásica crise de madurez.

Doutra banda, o alcalde ve a famosa estrela como unha potencial atracción turística para a cidade, mentres a policía o quere ver lonxe de calquera escena do crime. E a estraña parella que ocupa a súa casa e o coida apréciao sinceramente, aínda que no fondo cren que é como un neno consentido.

Pero Harley está farto de Hollywood e quere dar un xiro á súa vida. Está decidido a demostrar que é máis que unha cara bonita. Non só sabe interpretar a un detective na televisión, senón que tamén é capaz de resolver crimes, incluída a desaparición da súa propia nai 25 anos atrás.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.