menú

O ‘girl power’ pillabán de ‘Aves de presa’, en Movistar Estrenos

27/08/2020
Blog R

Aloucada, estrambótica e intensa. Así é Harley Quinn, a antiheroína que leva as rendas en ‘Aves de presa’ e que chega a Movistar Estrenos o venres 28 de agosto.

Sen tregua na súa nova nova vida de solteira

Tras separarse do Joker, Harley Quinn trata de lidar coa ausencia da súa inseparable parella e enfráscase na misión de salvar a unha nena do malvado ‘Máscara negra’. Non o fará soa; conta coa axuda doutras tres heroínas, Canario Negro, Cazadora e Renée Montoya.

No fondo, Harley é consciente do seu tremendo poder, só necesita saber como volver ser ela mesma e para iso rodéase dun grupo de mulleres que loitan por librarse de toda protección masculina nesta aventura repleta de explosións, disparos e moita purpurina.


Humor negro, tenrura psicótica e moito ‘girl power’ reúne este ‘spin-off’ de ‘Escuadrón Suicida’ protagonizado por unha antiheroína creada e desenvolvida en formato cómic por Paul Dini e Bruce Timm.

‘Aves de presa’ é un espectáculo pillabán feminino que funciona como o perfecto contrapunto do laureado ‘Joker’ de Joaquin Phoenix.

Unha aventura feminina capitaneada por Margot Robbie

Margot Robbie encarna de novo a Harley Quinn na que supón a súa primeira grande aventura en solitario. A actriz australiana está a vivir o seu mellor gran momento profesional e non deixou de encadear recoñecementos nos últimos anos dende o seu premiado papel de patinadora en ‘Yo, Tonya’. Aquí acompáñana Mary Elizabeth Winstead, Jurnee Smollett-Bell, Rosie Perez e un Ewan McGregor metido a excéntrico mafioso, entre outros.

‘Aves de presa’ quere ser a primeira dunha triloxía de pelis saídas do universo de heroínas de DC Comics.

Sabes o que é un Arlequín? Descubre a ”fantabulosa” emancipación de Harley Quinn contratando Movistar Estrenos na opción Cine da nosa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.