menú

‘Arrow’ despídese en Syfy

29/01/2020
Blog R

A historia de ‘Arrow’ chega ao seu fin na televisión R. Syfy emite o último episodio da serie o xoves 6 de febreiro ás 23:30 h.

Do cómic á pantalla

‘Arrow’ reinventou o personaxe de cómic ‘Flecha Verde’ para adaptalo á actualidade. A oitava tempada pecha a súa historia.

Despois dun violento naufraxio, o millonario playboy Oliver Queen estivo perdido e dado por morto durante cinco anos antes de ser descuberto nunha illa remota.

Volveu á súa casa en Star City decidido a emendar os erros da súa familia e a combater as inxustizas. O único problema no seu camiño son os lazos que o unen á súa familia e aos seus amigos, que esconden moitos segredos.


 

Millonario de día, heroe de noite

Queen desdobrará a súa vida: durante o día será o millonario despreocupado que era antes e de noite exerce de Arrow, un guerreiro contra o crime.

Como Flecha Verde, protexe a súa cidade coa axuda do exsoldado John Diggle, a experta hacker Felicity Smoak, o antigo capitán de policía Quentin Lance e o brillante inventor Curtis Holt, ademais dun novo grupo de xusticieiros en prácticas. Pero novos inimigos conectados co pasado de Oliver levarán ao equipo a novos retos, ameazando todo aquilo polo que Oliver traballou e o seu
legado como Flecha Verde.

Como ver ‘Arrow’ en R

Só debes ter a opción ‘total’ da túa televisión R. Syfy está no dial 27.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.