menú

“Aquaman”, en M. Estrenos

23/10/2019
Blog R

O superheroe máis acuático chega á televisión R.”Aquaman” estréase en Movistar Estrenos o venres 25 de outubro ás 22:00 h.

O personaxe

Metade humano, metade atlante, Arthur Curry é un habitante do poderoso reino subacuático da Atlántida criado por un home humano e considerado un paria polos seus.

Este Aquaman do século XXI ten tres características fundamentais: a súa relación con Mera, á que dá vida na película Amber Heard; a loita entre o seu legado humano e o seu legado atlante; e como lle afecta o seu pasado.

O personaxe de Aquaman foi creado polo escritor Mort Weisinger e o debuxante Paul Norris en 1941. Con todo, neste caso, o Aquaman da película baséase no relanzamento do personaxe que levaron a cabo Geoff Johns, Ivan Reis e Joe Prado no ano 2011.

Un elenco de éxito

James Wan, responsable das sagas “Insidious” e “Expediente Warren”, dirixe a Jason Momoa, coñecido polo seu papel de Khal Drogo na famosa serie “Juego de Tronos”, nesta adaptación ao cine das aventuras do superheroe de DC Cómics.

Xunto a Momoa e Heard, completan o elenco Willem Dafoe, Nicole Kidman, Patrick Wilson, Dolph Lundgren e Yahya Abdul-Mateen II.

Como ver “Aquaman” en R

Podes ver esta película na canle Movistar Estrenos, sintonizando os seguintes diais:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Lembra que para poder dispoñer desta canle, tes que ter contratada con R a opción cine ou Movistar Estrenos. Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Ademais, terás o contido dispoñible no noso servizo de rebobina, para que poidas velo sempre que queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.