menú

‘Aprende inglés’ con Nick Jr. en rebobina

08/10/2018
Blog R

En outubro, propoñémosche clases de inglés para os máis pequenos da casa na televisión R. Temos dispoñible en rebobina un especial ‘Aprende inglés con Nick Jr.’. Deste xeito, aprenderán de forma sinxela e mentras desfrutan dos seus debuxos favoritos.

Wally Trollman e Dora son os nosos particulares mestres de inglés nesta ocasión. O especial inclúe episodios de ‘Wallykazam’, ‘Dora, la exploradora’ e ‘Dora y sus amigos, en la ciudad’.

‘Wallykazam’

Wally Trollman ten un pau máxico que fai que as palabras cobren vida. Cada historia ten un novo conxunto de palabras máxicas e Wally, xunto coa súa mascota dragón Norville, utiliza estas palabras para transformar de forma divertida o mundo que o rodea.

‘Dora, la exploradora’

Dora é unha nena de 7 anos á que lle encanta explorar acompañada do seu amigo o mono Botas. Diversión, novos amigos e unha chea de aventuras.

‘Dora y sus amigos, en la ciudad’

Xuntos, todos unidos. Preparádevos para grandes aventuras con Dora e os seus amigos. Doura está a medrar. Trasladouse a unha fermosa cidade latina á beira do mar chamada Playa Verde. Vai a un colexio novo e está máis ocupada que nunca.

O especial ‘Aprende inglés’ está dispoñible para todos os clientes da televisión R de forma gratuíta durante todo outubro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.