menú

La Voz de Galicia, no teu deco 4K

30/07/2018
Blog R

Ola. Como sabes, o noso deco 4K ten múltiples posibilidades, xa que converte o teu televisor nunha smart TV, permitíndoche acceder a miles de aplicacións como Netflix ou Youtube. Pero tamén a contido de interese preto de ti, como o que che ofrece La Voz de Galicia.

De feito, podes acceder dende xa á aplicación de La Voz de Galicia no teu televisor. Só tes que ir a menú > apps e poderala encontrar como unha das destacadas. A otra opción é acceder ás aaplicacións do Google Play de Android TV dende o botón da “casa”.

botón home en el mando del deco 4K de R

Desenvolvida para televisión

A aplicación, desenvolvida entre La Voz de Galicia e R, é específica para Android TV. Non se trata da mesma app que podes consultar no teu móbil ou tablet, senón que é diferente.

Ao estar pensada para unha contorna audiovisual, ofréceche os vídeos de actualidade máis interesantes, pero sempre desde a perspectiva dos usuarios de Galicia.

Moitos contidos

Tes á túa disposición varias seccións nas que informarte de forma directa e sinxela dos temas que elixas. Se che gusta o fútbol, por exemplo, tamén contas con contidos específicos dos dous principais equipos galegos. En Grada de Río poderás facer un seguimento de todo o relacionado co Celta e, en Torre de Marathon, da actualidade do Deportivo.

Ademais de deportes, lembra que poderás consultar a información audiovisual relativa a Galicia, España e temas internacionais. Todo a través do mando do teu deco 4K de R e co selo de La Voz de Galicia. De feito, o menú é moi sinxelo. En primeiro lugar tes a sección “Galicia”, seguida de “Te interesa” e “Sociedad”. Ao final encontrarás as novidades do tempo e tamén os vídeos “Destacados”.

aplicación de La Voz de Galicia en el deco 4K de R

Só tes que ir co teu mando ao vídeo que che interese, pulsar OK e velo ao momento.

Esperamos que che guste esta novidade e, sobre todo, que goces de La Voz no teu televisor.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. MANUELA LÓPEZ PÉREZ di:

    Muy interesante ver las noticias de La Voz de Galicia en la television.