menú

A Apocalipse chega a FOX

11/09/2018
Blog R

‘American Horror Story: Apocalypse’ estréase en FOX (dial 20) en versión orixinal subtitulada no late night do venres 14 de setembro, tras o cine, tan só dous días despois da súa emisión en EEUU.

‘American Horror Story’ é a franquía de terror creada por Ryan Murphy e Brad Falchuk. A oitava entrega titúlase ‘Apocalypse’.

Outono do 2019?

Murphy e Falchuk continúan con ‘Apocalypse’ a súa particular homenaxe ao xénero de terror. Tamén se dedican un aceno a eles mesmos, ao expor a tempada como un crossover entre dúas das máis exitosas entregas da saga: a primeira (‘American Horror Story: Murder House’) e a terceira (‘American Horror Story: Coven’).

Pouco se sabe por agora do argumento de ‘Apocalypse’, pero, segundo declaracións de Ryan Murphy, a serie realizará un salto no tempo de 18 meses, o que significa que estará ambientada no outubro de 2019. Ademais, declarou a súa intención de que sexa máis intensa e fantástica que as pasadas tempadas.

Caras habituais e unha veterana incorporación

En canto ao elenco, volven algúns dos rostros que xa se fixeron habituais da saga, como é o caso de Evan Peters e Sarah Paulson, presentes dende o principio; ademais de Kathy Bates, Emma Roberts, Adina Porter, Cheyenne Jackson ou Billie Lourd, a filla da desaparecida Carrie Fisher, que repite por segunda vez tras o seu ingreso na factoría o pasado ano.

Entre as novas fichaxes, destaca de forma especial a volta á televisión da veterana Joan Collins (a inesquecible Alexis Carrington de ‘Dinastía’), que interpreta á avoa de Evan Peters, así como Jeffrey Bowyer-Chapman e Kyle Allen.

Premios e recoñecementos

Exposta como unha franquía, ‘American Horror Story’ comezou a súa exitosa andaina no 2011.

Conquistou á crítica e tamén conseguiu numerosos premios, como os seus 16 premios Emmy, entre os que cabe mencionar os galardóns de interpretación conseguidos por Jessica Lange, presente nas catro primeiras tempadas, e Kathy Bates como Mellores Actrices secundarias, así como o de James Cromwell como Mellor Actor de Reparto. A serie tamén brillou nos Globos de Oro, con nove nominacións e dous premios para Jessica Lange e Lady Gaga, ambas as dúas na categoría de Mellor Actriz de Reparto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.