menú

Nova tempada de “American Horror Story”

16/09/2019
Blog R

A franquía “American Horror Story” volve máis terrorífica que nunca á televisión R. A novena entrega estréase en FOX na madrugada do vernes 20 ao sábado 21 de setembro ás 00:50h, en versión orixinal subtitulada ao español, xusto despois da sesión de cine.

Murphy, Orwell e unha boa dose de terror

“American Horror Story: 1984” é o título da nova tempada da franquía de terror creada por Ryan Murphy e Brad Falchuk, autores doutras series de éxito como “American Crime Story”, “Feud” ou “Glee”.

Ese 1984 non é casual; a serie fará referencia á obra homónima de George Orwell. As películas de terror e slasher (centradas en asasinatos de adolescentes) que triunfaron no cine durante ese ano, como “Viernes 13”, tamén forman parte das novas historias.

Personaxes e tramas

Como é habitual, a serie cambia de personaxes e tramas en cada tempada, aínda que sempre continúan algúns actores. E tampouco faltan nunca eses clásicos da cultura americana tan propios que subxacen no fondo das tramas de todas as tempadas.

Caras novas, pero non todas

Sarah Paulson e Evan Peters non estarán presentes na nova tempada. Pero damos a benvida ao universo Murphy a unha veterana da franquía como é Emma Roberts, a Billie Lourd, a Cody Fern, a Zach Villa ou ao gañador dunha medalla olímpica Gus Kenworthy, e seguimos contando ademais con habituais da casa como Angelica Ross, Matthew Morrison e Leslie Grossman.

A serie colleitou un grande éxito de público e crítica dende que comezou a súa andaina en 2011. Proba disto son os 16 premios Emmy, as 9 nominacións aos Globos de Ouro ou os galardóns de interpretación que teñen nas súas vitrinas as actrices Jessica Lange e Kathy Bates.

Como ver “American Horror Story: 1984”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. E sintonizar o dial 20.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.