menú

A música é protagonista en AMC en decembro

04/12/2019
Blog R

AMC despide o ano falando de música. Tes dispoñible en rebobina o espazo de produción propia “Visionaries: La historia del Hip Hop”.

Seis cancións que romperon barreiras, representaron a unha comunidade, empoderaron unha cultura e inspiraron un movemento. Esta é a proposta da serie documental ‘AMC Visionaries: La historia del Hip Hop’.

Música para toda unha época

Trátase dunha antoloxía musical composta por 6 episodios que fai un repaso á historia, ás cancións e aos artistas máis destacados do hip hop.

Cada episodio céntrase nunha canción que foi fundamental para a evolución da música e a cultura estadounidenses. Artistas, colaboradores, figuras musicais e culturais influíntes analizan os temas, revisan o impacto que a canción tivo neles persoalmente e reexaminan as condicións socioeconómicas e culturais que inspiraron estas obras de referencia que lle deron voz a unha xeración.
A serie conta con invitados como Questlove, Queen Latifah, Ludacris, Pharrell Williams, John Legend, Big Boi, Rev Run e Darryl McDaniels, entre outros.

E, ademais, cómic e cine

“Visionaries: La historia del Hip Hop” non é a única produción propia de AMC para decembro.

En rebobina podes atopar tamén outras dúas series documentais tituladas “James Cameron – La historia de la ciencia ficción: Vida alienígena” e “Robert Kirkman – La historia secreta del cómic: The Mighty Misfits Who Made Marvel”.

Queres ver “AMC Visionaries” na televisión R?

Só debes ter a opción total da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 2
  • León e Cantabria: dial 28

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.