menú

AMC estrea ‘The Wisting’

20/02/2020
Blog R

Novo thriller nórdico na televisión R. AMC estrea ‘The Wisting’ o xoves 27 de febreiro ás 22:10 h.

A paisaxe única e impresionante de Noruega é o escenario no que se desenvolve ‘The Wisting’.


A serie segue ao detective de homicidios William Wisting mentres investiga o caso máis desafiante e sorprendente da súa carreira: dar caza a un asasino en serie estadounidense que vén de matar por primeira vez en chan noruegués. Para iso deberá colaborar co FBI e reabrir varios casos de mozas desaparecidas en ambos os dous países.

A prensa, á espreita

Mentres tanto, Line, a intrépida filla xornalista de Wisting, persegue titulares que a levan directamente a cruzarse no camiño do asasino en serie.

Ademais, Wisting deberá lidar con feridas do pasado ao reabrir un antigo caso e ao afrontar unha terrible acusación que empezará a pesar sobre el.

Richie Campbell e Carrie-Anne Moss protagonizan esta serie baseada nos best-sellers ‘Caveman’ e ‘Perros de caza’ (‘Reservoir Books’) escritos por Jørn Lier Horst.

Como ver ‘The Wisting’ en R

Só debes ter a ‘opción tv total’ da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 9
  • León e Cantabria: dial 28

Lembra que tes dispoñibles todos os episodios da serie en rebobina. Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.