menú

AMC, en aberto en febreiro

01/02/2019
Blog R

A partir do venres 1 de febreiro, AMC (dial 2) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece AMC. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción tv familia.

AMC é unha canle de entretemento que destaca pola calidade e a variedade dunha programación centrada nas mellores series orixinais de grande éxito e películas aclamadas pola crítica.

‘Das Boot’, unha estrea de luxo

En febreiro, AMC tráeche a estrea exclusiva de ‘Das Boot: El submarino’, unha das series revelación do ano, que poderá verse a partir do xoves 21 de febreiro ás 22:10 h. En vésperas do 80º aniversario da Segunda Guerra Mundial, chega esta serie de 8 episodios baseada na película do mesmo nome.

Ademais, para acompañar esta estrea, AMC preparou unha coidada mostra de cinema bélico que inclúe as películas ‘Al lado del enemigo’, ‘Ithaca’, ‘Comando war pigs’ e ‘En la línea de ataque’.

Series e películas en AMC

Misterio, intriga, aventura, ciencia ficción, drama… AMC conta na súa grella de programación con varias series de referencia, como ‘Lucky Man’, que en febreiro estrea a súa terceira tempada. Pero tes outras, como Ramson ou Into the Badlands.

En canto ao cine, desfrutarás de títulos como Plan en Las Vegas, Insidiuous, Efecto Mariposa, Bienvenidos a Zombieland, Oblivion, Riddick, Predators…

Lembra, en febreiro, AMC está en aberto no dial 2 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.