menú

Os mellores contidos para empezar o ano con Amazon Prime

03/01/2022
Blog R

Cunha escapadiña ao Hotel Transilvania e cos retratos dos dramas conxugais dunha estrela da tele, a curiosa infancia dun escritor e a vida dun dos adestradores de fútbol máis recoñecidos, sen esquecernos da competición máis doce da tele. Así comeza o ano Amazon Prime Video. Queres saber máis?

‘Hotel Transilvania: Transformania’

Benvidos ao Hotel Transilvania, o complexo turístico de cinco estrelas de Drácula. Nesta ocasión, un novo invento de Van Helsing converte a Johnny nun monstro, pero descontrólase e converte os demais en humanos. Toda a tropa, cos seus novos corpos, deberán atopar a maneira de reverter os efectos antes de que se volvan permanentes.

Non perdas esta película que se estrea en Amazon Prime Video o venres 14 de xaneiro.

‘Being the Ricardos’

Nicole Kidman e Javier Bardem son Lucille Ball, unha pioneira da televisión, e o seu marido, Desi Arnaz. Un matrimonio que se enfronta a toda unha serie de crises persoais e profesionais que ameazan o seu programa, as súas carreiras e a súa relación de parella.

Xa está dispoñible en Amazon Prime Video esta película escrita e dirixida por Aaron Sorkin.

‘The Tender Bar’

Un neno orfo medra co seu pub local como referente, onde unha cohorte de figuras paternas únicas ensínanlle valiosas leccións de vida e amor polas palabras. Pasan os anos e convértese en xornalista, pero o bar segue aí como unha muleta e un segundo fogar.

‘The Tender Bar’ retrata a infancia e adolescencia, arredor de 1980, do escritor J. R. Moehringer.

A película, dirixida por George Clooney, chega a Amazon Prime Video o venres 7 de xaneiro.

‘Simeone. Vivir Partido A Partido’

Unha docuserie para coñecer un dos mellores adestradores de fútbol que fixo do ‘cholismo’ toda unha filosofía de vida que transcende o mundo do deporte. Case 30 anos de carreira, máis de 10 deles dirixindo o banco do Atlético de Madrid, dan para moita historia, experiencias, anécdotas e mesmo crises. En palabras do propio Simeone, esta docuserie ‘é un bo momento para mostrar ‘cousas da miña vida que nunca me gustou mostrar’.

Dispoñible dende o mércores 26 de xaneiro en Amazon Prime Video.

‘Celebrity Bake Off España’

Xa estás enganchado/a a ‘Celebrity Bake Off España’? Paula Vázquez e Brays Efe presentan o concurso de repostería que está a revolucionar a tele. Dous xuíces expertos, a xefa de cociña Clara Villalón e o mestre chocolateiro Frédéric Bau, son os encargados de xulgar as pericias pasteleiras dunha ducia de concursantes afanados en preparar as mellores tortas e doces. Todos/as eles/as son caras moi coñecidas polo público como Chenoa, Andrés Velencoso, James Rhodes ou Esperanza Aguirre.


Lembra que podes acceder a Amazon Prime Video directamente co mando a distancia do teu deco 4K. E non esquezas contarnos cal é o teu contido favorito!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.