menú

Amazon Prime Video estrea “El Pueblo”

03/06/2019
Blog R

A serie “El Pueblo” estréase en Amazon Prime Video dende o venres 14 de xuño. Podes ver esta nova comedia española a través do desco 4K da túa televisión R.

Da cidade á aldea

Un grupo de urbanitas, en plena crise existencial e fartos do estrés da gran cidade, múdanse a unha diminuta aldea na que se anuncia vivenda gratis e unha contorna idílica e relaxada afastado do mundanal ruído. O lugar de destino é Peñafría, unha diminuta localidade ficticia de Soria aparentemente abandonada. Pero pronto descobren que non están sós e deben convivir cuns peculiares veciños pouco afeitos ao trato cos forasteiros.

En clave de humor, a serie céntrase na necesidade de adaptación a unha situación nova duns e doutros, evidenciando as singularidades e as contradicións entre o mundo urbano e o mundo rural.

Un equipo afeito ao éxito

“El Pueblo” é unha comedia creada por Alberto Caballero, responsable de éxitos como “La que se avecina”, xunto con Julián Sastre e Nando Abad. O elenco está integrado por Carlos Areces, María Hervás, Daniel Pérez Prada, Ruth Díaz, Santi Millán e Ingrid Rubio, entre outros.

A primeira tempada da serie conta con 8 episodios.

Onde podes ver “El Pueblo”?

Poderás desfrutar desta serie se tes a nosa televisión R, co teu desco 4K e, ademais, estás subscrito a Amazon Prime. Aproveita a oportunidade de ver as túas series ou contidos favoritos grazas a Prime Video e á televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.