menú

Amazon Prime tráenos ‘Futbolistas por el mundo’

04/06/2020
Blog R

Amazon Prime Video estrea serie documental con catro protagonistas de excepción: Xavi Hernández, David Villa, Javi Martínez e Juan Mata. Apúntaste?

Eles son catro daqueles futbolistas que fixeron historia ao gañar o Mundial de Sudáfrica. Dez anos despois, as súas carreiras desenvólvense fóra das nosas fronteiras. Juan Mata xoga en Inglaterra; Javi Martínez, en Alemaña; David Villa, en Xapón; e Xavi Hernández desenvolve a súa carreira en Catar, como adestrador e embaixador do Mundial 2022.

Catro campións, catro episodios

Queres saber como é a vida destes grandes futbolistas no estranxeiro? Descúbreo en ‘Futbolistas por el mundo’. En cada capítulo, un deles cóntanos como leva a súa vida no estranxeiro, como eles e as súas familias se asentaron e están a coñecer as culturas, tradicións e formas de vida dos diferentes países nos que viven.


Porque se hai algo que todos eles teñen en común é a súa paixón polo fútbol alí onde estean.

Se che apetece coñecer as persoas que hai detrás destes grandes futbolistas, non perdas ‘Futbolistas por el mundo’. Catro episodios de 35 minutos de duración dispoñibles en Amazon Prime Vídeo dende o venres 5 de xuño.

Ademais, coa televisión R e o seu deco 4K simplemente tes que pulsar o botón da casiña e xa verás un acceso directo a Amazon Prime Video que tes no mando.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Cora di:

    Os que te os o Deco Sangemcom 4K, seguimos sen poder disfrutar PRIME Video.
    Para cando.??