menú

Amazon Prime estrea serie documental sobre Fernando Alonso

23/09/2020
Blog R

O venres 25 de setembro recibimos na nosa televisión R a todo un bicampión mundial de Fórmula 1 da man de Amazon Prime Video, que estrea unha serie de cinco episodios centrada na figura de Fernando Alonso.

Unha carreira imparable de éxitos e retos deportivos

O documental móstranos a paixón de Alonso pola competición nunha exitosa carreira deportiva que foi dende o triunfo nos circuítos da Fórmula 1 ás 500 millas de Indianápolis, as 24 horas de Le Mans e, como colofón final, ao rally Dakar.

O documental retrata a intensa actividade de Fernando no seu primeiro ano post-Fórmula 1 na procura da chamada Tripla Coroa do mundo do automobilismo. Ademais, agora sabemos que Fernando volve á Fórmula 1 a próxima tempada.


A serie documental achéganos ao círculo profesional e persoal máis próximo ao piloto, no que teñen especial relevancia o seu manager, a súa irmá ou a súa parella. Conta tamén coa participación doutros grandes nomes do motor, como Carlos Sainz.

Preparado/a para descubrir o lado máis persoal e competitivo do súper piloto asturiano? Non o perdas en Amazon Prime Video. E lembra que podes acceder dende o deco 4K da túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Juan Carlos Otero Lopez di:

    no se como acceder a Prime video.

    Gracias