menú

Aloysio Raulino, cine brasileiro en Play-Doc TV

10/10/2018
Blog R

En Play-Doc TV, subscrición da televisión R, descobres obras de realizadores de culto, autores singulares e filmografías ocultas que dificilmente poderás atopar noutros espazos de exhibición. En outubro, por primeira vez fóra do seu país, o cine de Aloysio Raulino (1947-2013), unha auténtica xoia da historia da cinematografía brasileira.

Un autor diferente… e independente

Aloysio Raulino asinou boa parte dos seus traballos na década dos setenta. Malia ser estes uns anos prolíficos no cine brasileiro, o certo é que o realizador se situou nas marxes da historia cinematográfica do seu país. A súa obra, composta fundamentalmente de curtametraxes, conforma unha sorte de punto e aparte no conxunto fílmico brasileiro daqueles anos. A súa modernidade conecta co camiño iniciado por pioneiros como Ozualdo Candeias, cuxas películas tamén podes desfrutar en Play-Doc TV.

Sen teses preconcibidas e con clara vontade de experimentación, Raulino encarna o espírito dos cineastas de vangarda dos anos vinte e trinta, cando todo parecía pendente de descubrir no cine, á vez que se impoñía a invención de novas miradas e formas de produción. Compromiso social, poesía e certa dose de surrealismo danse a man nas súas películas.

Especial con nove títulos

Nesta retrospectiva, Play-Doc TV preséntache nove títulos: ‘Lacrimosa’ (1970), ‘Arrasta a Bandeira Colorida’ (1970), ‘Jardim Nova Bahia’ (1971), ‘Teremos infância’ (1974), ‘Tarumã’ (1975), ‘O Tigre e a Gazela’ (1977), ‘O Porto de Santos’ (1978), ‘Noites Paraguayas’ (1982) e ‘Inventário da Rapina’ (1985).

Este ciclo inclúe tamén a película ‘O prisioneiro da Grade de Ferro’ (2003), dirixida polo seu colega e discípulo Sacramento, responsable de preservar e difundir a obra de Aloysio Raulino.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.