menú

‘Absentia’ estrea a súa segunda tempada en AXN

11/03/2019
Blog R

O martes 26 de marzo, a partir das 22:55 h, AXN (dial 21) estrea a segunda tempada de ‘Absentia’. Volve á televisión R a serie protagonizada por Stana Katic.

Nesta nova entrega, Emily trata de levar unha vida normal xunto ao seu fillo Flynn e ao seu exmarido Nick tras descubrir e matar o seu secuestrador. Sen embargo, as pantasmas que a atormentan empúxana a seguir investigando, buscando un asasino en serie e toda unha conspiración que vai máis aló da súa propia familia.

Varias caras novas

Patrick Heusinger regresa a esta nova tempada como o exmarido de Emily e o axente especial Nick Durand.

O elenco da nova tempada conta ademais con varias novidades: Matthew Le Nevez (‘The Widow’) e Natasha Little (‘The Night Manager’) únense á serie.

Le Nevez interpreta a Cal Isaac, un ex Navy Seal que simpatiza cos demos que perseguen a Emily e será un apoio fundamental para a protagonista nesta nova trama.

Natasha Little dálle vida á axente especial Julianne Gunnarsen, unha experta e enigmática axente especializada en perfís criminais que se une á oficina do FBI de Boston despois de que un ataque terrorista convulsionase a cidade.

Ademais dos habituais Stana Katic, Patrick Heusinger, Matthew Le Nevez e Natasha Little, a nova tempada conta tamén cos actores Cara Theobold, Neil Jackson, Angel Bonanni e Paul Freeman.

Como ver ‘Absentia’ en R

Podes ver ‘Absentia’ se tes contratada a opción tv series, tv ocio ou calquera outro paquete de televisión R. Apunta o dial:

  • dial 21: Galicia
  • dial 22: León

Se non tes contradada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.