menú
A quien te llevarías a una isla desierta

‘¿A quién te llevarías a una isla desierta?’, dispoñible en Netflix

03/05/2019
Blog R

‘¿A quién te llevarías a una isla desierta?’ é a terceira película española orixinal de Netflix, despois de ‘7 anos e ‘Fe de etarras’. Agora xa podes gozar da peli de moda na televisión de R a través do teu desco 4K.

Esta película está baseada na obra de teatro homónima creada por Paco Anaya e Jota Linares, ambos participan como guionistas da cinta.

Reflexo da xeración milenial

María Pedraza, Jaime Lorente, Pol Monen e Andrea Ros interpretan aos catro protagonistas que comparten piso e amizade en Madrid e pertencen á xeración milenial. A cuadrilla está a piques de dar por finalizados os seus anos universitarios e comezará a enfrontarse a novos retos da vida.

Durante toda a peli están presentes os soños, os fracasos, os amores, os desamores e os erros destes mozos que cren que van a comer o mundo. Os temas que se tratan convertérona na peli de moda nas últimas semanas, xa que son moitos os mozos que senten reflectidos en cada unha das escenas.

Onde podes ver a peli?

Na túa televisión R, a través do desco 4 K, podes acceder a Netflix e desfrutar desta peli. Así que xa sabes, aproveita a oportunidade para ver a peli de moda ou as túas series favoritas grazas a Netflix e televisión R, así sempre estarás á última .

Esperamos que non te defraude esta nova produción orixinal de Netflix.

Desfrútaa!

Un saúdo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.