menú

‘La forma del agua’, en M. Estrenos

25/09/2018
Blog R

O venres 28 de setembro chega á televisión R a película triunfadora na última edición dos premios Oscar: ‘La forma del agua’. Ás 22:00 h, en Movistar Estrenos (dial 4).

Baltimore (EEUU), década de 1960. Elisa, muda dende que era un bebé, traballa como limpadora nocturna nun centro de investigación aeroespacial. Cando está a limpar xunto á súa compañeira Zelda nunha zona de alta seguridade, levan ao laboratorio unha enorme cápsula cun estraño ser no seu interior.

Dirixida e coescrita polo mexicano Guillermo del Toro, xunto a Vanessa Taylor, a película narra a relación entre un monstro humanoide anfibio traído de Sudamérica e unha moza orfa solitaria que foi atopada nada máis nacer xunto a un río, na auga, coas cordas vocais cortadas. É unha historia de amor e perda nunha época de psicose colectiva, de odio, de violencia e de intolerancia.

Múltiples premios e recoñecementos

Gañadora en 2018 do Oscar á Mellor Película, ao Mellor Director (Guillermo del Toro), á Mellor Música (Alexandre Desplat) e á Mellor Produción (entre innumerables premios máis), este sobrenatural conto de fadas é, tamén, un drama romántico coa Guerra Fría como telón de fondo.

Para dar vida a esta fábula fantástica, Del Toro contou coas interpretacións de Sally Hawkins (Elisa), Michael Shannon (o xefe de seguridade Strickland), Richard Jenkins (Giles, o veciño e amigo de Elisa), Octavia Spencer (Zelda), Doug Jones (a criatura) e Michael Stuhlbarg (o doutor Hoffstetler, encargado de estudar o home anfibio).

Guillermo del Toro: monstros e auga

Con esta película, Del Toro quería dar a volta ás historias de monstros outorgando o protagonismo á criatura e mostrando os humanos como os seres verdadeiramente perigosos: ‘nunha película de monstros dos 50, Strickland, o atractivo axente gobernamental de mentón cadrado, sería o heroe, e a criatura sería o vilán. Eu quería reverter este tipo de cousas’, explica o director.

O director mexicano explica o título da película da seguinte maneira: ‘A auga adopta a forma do que sexa que a conteña nese momento, e aínda que a auga pode ser algo moi apracible, tamén é a forza máis poderosa e maleable do universo. Así é tamén o amor, verdade? Independentemente da forma que teña aquilo no que depositamos o noso amor, este adáptase, xa sexa a un home, a unha muller ou a unha criatura’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.