menú

‘La Forense’ volve a Calle 13

27/03/2020
Blog R

Jenny Cooper volve á televisión R. Calle 13 estrea o venres 27 de marzo ás 22:00 h a segunda tempada de ‘La Forense’.

Quen son agora que todo cambiou? Esta tempada, a forense Jenny Cooper verá como o seu fillo se prepara para marchar de casa, ao seu pai empeza a fallarlle a memoria e ao seu noivo cústalle convivir tan de preto coa morte.

O caso máis difícil

Malia as novas circunstancias, Jenny seguirá dándolles voz aos mortos para protexer os vivos. Deberá guiarse polo seu instinto para resolver o caso máis complicado da súa carreira, relacionado cun terrible incendio.


Detrás de cada corpo hai unha historia que contar e esta tempada Jenny terá que chegar ata o fondo da súa propia historia.

Quen é ‘La Forense’?

‘La Forense’ está protagonizada por Serinda Swan no papel de Jenny Cooper, que estrea traballo como médico forense en Toronto, onde investigará varias mortes sospeitosas. É valente, testana e vulnerable e sempre tenta chegar ao fondo de cada caso para descubrir a verdade.

Antes traballaba como médico de urxencias e quedou viúva cun fillo de dezasete anos. Tras a morte do seu marido, sente unha forte conexión coa morte vinculada a un segredo do seu pasado que só agora empeza a entender.

Como ver ‘La Forense’ en R

Só debes ter a ‘opción tv ocio’ da túa televisión R. Calle 13 está no dial 23.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.