menú
Especial 20 aniversario de Bob Esponja en rebobina

O 20 aniversario de Bob Esponja, gratis en rebobina

26/07/2019
Blog R

Bob Esponja cumpre 20 anos e queremos celebralo contigo cun aniversario ao grande na televisión R.

Durante o mes de agosto tes dispoñible gratis en rebobina o “Especial 20 aniversario de Bob Esponja”, que inclúe 50 episodios cos mellores momentos de Bob e os seus amigos e un capítulo dobre da súa gran festa de aniversario.

Unha piña debaixo do mar

Hai dúas décadas descubrimos en Nickelodeon a Bob Esponja, o personaxe que vive nunha piña debaixo do mar. E con el, a todos os seus amigos cos que correu numerosas aventuras ao longo destes 20 anos.

Fondo Bikini

Bob Esponja vive xunto coa súa mascota Gary, un caracol, nunha piña en Fondo Bikini. Bob Esponja cociña as mellores hamburguesas do mundo debaixo do mar. Xunto co seu amigo Patricio, unha amigable estrela de mar que non sempre dá os mellores consellos.

Acompáñanlles, nunha chea de leas, Calamardo, Arenita, Sr. Cangrejo e Plankton.

Festa de aniversario

Poderás desfrutar do capítulo dobre especial “La gran fiesta de cumpleaños de Bob Esponja”, no que participa David Hasselhoff.

Neste episodio mestúrase animación con personaxes reais para asistir á gran festa sorpresa que lle organizaron a Bob Esponxa.

Como ver o “Especial 20 aniversario de Bob Esponja” en R

Lembra, sexas da opción de televisión que sexas, tes todo un mes para poder desfrutar sen custo destes contidos en rebobina.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.