Quecheparece
Illas Cíes: como ir en barco e solicitar permiso para a visita
A quen non lle apetece visitar as illas Cíes, un dos grandes paraísos naturais que temos en Galicia. Pero ás Cíes, evidentemente, só se chega por mar, así que hai que buscar algunha opción de barco para chegar ata alí. Ademais, é un espazo protexido, polo que tamén debes solicitar un permiso específico. Dámosche toda a información que necesitas saber para ir ás illas Cíes.