menú

Actividades na XGN R Encounter de Silleda 2018

09/10/2018
Blog R

Do 12 ao 14 de outubro celébrase no Recinto Internacional de Silleda un evento de primeiro nivel, a XGN R Encounter.

Como poderías comprobar polo nome do evento, en R estamos metidos na allada. Non é  só o encontro informático máis importante de Galicia ao que van amantes dos ordenadores e da tecnoloxía, senón que é un evento no que poden participar persoas de todas as idades a través de actividades gratuítas.

Obradoiros crea R

Na zona da “extranet” teremos diferentes actividades gratuítas nas que ti ou os teus nenos podedes participar.

Por exemplo, o sábado 13 de outubro teremos tres obradoiros de robótica para 60 rapazas e rapaces. En crea R haberá unha primeira quenda para nenos de 7 e 8 anos, de 10:30 a 12:30 h. Deseguido, os cativos de 9 a 11 anos serán quen desfruten desta iniciativa, de 12:30 a 14:30 h. E xa pola tarde, de 17:00 a 19:00 h, rapaces de 12 a 15 anos rematarán esta xornada coa que sobre todo se procura que aprendan mentres se divirten.

A finalidade de crea R é que os nenos desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espírito emprendedor ao tempo que adestran habilidades importantes como o traballo en equipo e a comunicación.

Charlas nativos R

A oferta para todos os públicos da XGN R Encounter tamén inclúe, como novidade, unha charla do programa nativos R. Con ela, buscamos formar a pais, titores ou avós para que poidan afrontar os retos educacionais que lles propón unha xeración de “nativos tecnolóxicos” na era das novas tecnoloxías.

Os obxectivos principais destas charlas son desterrar a crenza de que as redes sociais e os móbiles ou internet son prexudiciais en si mesmos e de que a xeración de “nativos dixitais” é competente no uso nas novas tecnoloxías polo mero feito de ter nacido con elas. Tamén se falará das novas terminoloxías (cyberbulling, sexting…), de como nos afecta o cambio dixital, e dos principais riscos de internet e como previlos, entre outros temas.

A charla será o sábado 13 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas.

Como asistir

Para asistir só hai que reservar praza no distribuidor de R en Silleda. En concreto, en Electrodomésticos Milar – DOAR, na Avenida do Parque, 37 (teléfono 986.580.621).

Un saúdo e ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.