menú

Nova organización da web de clientes e da app móbil

19/01/2018
Blog R

Ola outra vez. Hoxe estamos moi contentos de presentarche a nova organización da nosa web de clientes e da app móbil (Android e iOS).

Levamos bastante tempo revisando as suxestións que nos chegan dos clientes e tamén analizando cales son as accións ou consultas máis habituais tanto na web de clientes como na aplicación móbil.

Así que con toda esa información refixemos o menú. Como podes ver na imaxe do post, intentamos simplificar os botóns e establecer un acceso máis intuitivo e directo.

Botóns superiores

Arriba de todo deixamos o acceso a “promos para min”, onde informamos de concursos e promocións individuais para cada cliente.

Xusto ao lado tes “tenda R”, onde podes configurar os teus servizos, cambiar a túa tarifa de móbilR, activar internet comigo, renovar o terminal…

Tamén puxemos arriba a sección “os meus produtos e servizos”, onde podes consultar os servizos contratados, ver cando tes unha cita con R ou cambiala, revisar como está o trámite con respecto a algún servizo… Poderás comprobar que hai botóns que están repetidos dentro dalgunhas seccións, porque pensamos que é bo darche varias posibilidades para chegar ao que buscas.

Como outra das cousas que máis fas é descargar e consultar a factura, agora subimos este botón, para que estea máis destacado. Dentro tamén podes cambiar a conta bancaria, o correo de aviso, podes mirar o consumo dende o último recibo…

Botóns intermedios

Nos botóns intermedios puxemos un acceso directo aos servizos máis habituais. Así, podes ir directamente ao que necesites relacionado con “móbilR”, “teléfono”, “internet”, “televisión”, “3ollosR” e “wificlientesR”.

Nada máis entrar, verás un botón de “configurar” e outro de “axuda e soporte” do servizo. A idea é ter unha estrutura semellante e coherente dentro de cada servizo.

En “configurar” dentro de “móbilR” podes activar o roaming, restrinxir chamadas a números de tarificación adicional ou establecer un control de saldo, por exemplo. E dentro de “internet” podes configurar o wifi ou cambiar o contrasinal, por poñer un caso.

Os meus datos

No penúltimo botón tes todo o relacionado cos teus datos en R. Podes cambiar o contrasinal na web de clientes, modificar o correo de contacto, ver por exemplo o contrato que tes de financiamento no móbil, etc.

Ademais, aí podes establecer usuarios delegados, para que por exemplo a túa parella poida configurar tamén o seu servizo ou ver tv comigo no seu móbil ou portátil.

widget

As miñas xestións con R

Ao final de todo podes consultar calquera xestión que teñas en R ou abrir unha. Por exemplo, podes ver o estado dun petición que nos fixeras, se está activado o roaming, se está configurado o contestador automático…

Dende aí, tamén nos podes enviar documentación pendente (incluso a podes subir dende o móbil), contactar directamente con nós no chat ou ben avisarnos dunha incidencia ou abrir unha reclamación se non o fixemos ben.

Agardamos que che guste este cambio na web de clientes. Tratamos de organizala dun xeito práctico e pensando nas túas necesidades. Pero se non acertamos, que mellor ca ti para dicírnolo.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

23 comentarios

  1. Enrique di:

    Pois a ver se arranxades o widget de consumo de datos en IOS. Hai meses que non funciona. Gracias.

  2. Javitery di:

    Hola… actualicei a aplicacion en android e deixou de funcionar… non me abre…

  3. Marta di:

    Unha suxestión : ademais de facer máis intuitiva a páxina e a app, por favor, quitádelle o til a “mín”. Un saúdo!

  4. Asín di:

    Onde está agora o plan de puntos?
    Non logro atopalo…

  5. Fernando di:

    Como canbiar a miña contraseña do router? Estou intentando o e non me deixa

  6. Jose di:

    Se echa de menos el acceso directo al correo y tocho mol, es como llegar al portal de tu casa y que el buzón de la correspondencia esté escondido.

  7. Arturo di:

    Muy bien… y el enlace a “mensaxería R” donde está? Antes estaba muy accesible y ahora no lo encuentro por ningún lado.

  8. Inma di:

    Hola!
    Desde la última actualización de ayer, el apartado de consumo de móvil se mantiene con un aviso continuo, no se borra aunque entres en dicho apartado , no me molesta pero denota que la aplicación no funciona bien, por lo demás contenta con los cambios.
    Un saludo.

  9. MARIA di:

    Estoy muy cabreada porq no funciona rebobina en mi iPad. Hace tiempo q contacté con mundo-r y me llamaron por teléfono para decir q no es un problema puntual de mi iPad sino un problema general q están intentando solucionar y nada! Dicen q el problema surgió a raíz de una de las últimas actualizaciones de iOS en los iPad y q desde entonces están intentando solventarlo.
    Estoy harta porque pasan los días y las semanas y seguimos igual
    Además me parece fatal estar pagando por un servicio q no se nos está dando
    Cuando estará solucionado el tema?

    • Hola, MARIA.

      Lamentablemente no tenemos una fecha.

      Como bien te hemos comentado, tiene que ver con las últimas actualizaciones de iOS y con el DRM, que es un sistema que nos piden los canales que se instale para evitar la piratería de sus contenidos. En el mercado hay distintos tipos, y ahora estamos revisando el tema con iOS a raíz de esta actualización. Como es un tema complejo por ahora no lo hemos podido solucionar y por eso no podemos dar una fecha.

      Un saludo y siento de verdad las molestias.