menú
WATS Team y R contra la violencia en el deporte

WATS Team e R contra a violencia no deporte

29/10/2019
Blog R

En WATS Team e R cremos nun deporte sen violencia. Por iso hai uns meses puxemos en marcha o “Teléfono contra a Violencia no Deporte” para poñer freo ao acoso e á violencia no ámbito deportivo. Esta canle segura e confidencial funciona a través de mensaxes de Whatsapp ao número 688 655 099, unha vía accesible a todos os mozos. Dende a súa posta en marcha o Equipo WATS recibiu mensaxes dende diferentes puntos do estado. Precisamente ese é o noso obxectivo, chegar a todos os recunchos. O teléfono que empezou a funcionar en Euskadi estendeuse xa a nivel estatal e conta con equipos colaboradores en Asturias e Galicia.

Estamos comprometidos cun deporte infantil e xuvenil baseado no respecto, a convivencia e os valores humanos. E cremos que a tecnoloxía pode ser unha gran aliada na prevención do acoso e a violencia.

Violencia 0

Se sofres ou coñeces a alguén que sufrise acoso ou violencia no deporte tes á túa disposición o “Teléfono contra a Violencia no Deporte”. Só tes que enviar unha mensaxe de WhatsApp co teu comentario ao número 688 655 099 e o Equipo WATS estudarao e responderache nun máximo de 24 horas, con total privacidade.

Calquera persoa pode contactar, xa sexa afeccionada, amateur, xogador, árbitra, adestrador, formadora… para realizar calquera consulta relacionada con casos de violencia física, verbal e psicolóxica, abusos sexuais, racismo e xenofobia, acoso entre iguais, machismo ou LGTBI-fobia.

Balance positivo

Conscientes do reto que teñen entre mans, dende WATS Team móstranse satisfeitos coa acollida do teléfono. Álex Navarro, un dos seus cofundadores, fai un balance positivo do camiño percorrido.

“Se poñer en marcha o servizo do teléfono supoñía axudar a unha persoa para saír dunha situación de violencia, aínda que fose só un só caso, xa todo o esforzo tiña sentido”.

Recoñece a vulnerabilidade das persoas que se atopan ante estas situacións, medorentas do que dirán ou mesmo de posibles represalias. A súa mensaxe é clara, “non estás só/soa”.

“Afortunadamente accións como a do teléfono son puntos de luz que axudan a estas persoas para saír dese túnel escuro no que te ves cando es vítima de violencia, sexa do tipo que sexa”.

Os casos máis frecuentes cos que se atoparon van dende a violencia psicolóxica entre iguais a conversacións de tipo sexual dun adestrador cara a un/unha deportista. E non só en deportes máis comúns como fútbol e baloncesto, senon tamén en ámbitos máis reducidos como o karting.

A erradicación de situacións como estas pasa por un endurecemento da lexislación, que obrigue, di, a todas as entidades deportivas a contar con profesionais formados para detectar e frear o acoso e violencia deportivos, así como a contar con protocolos de actuación ante o reporte dun destes casos.

Coa vista posta, a curto prazo, en dar a coñecer da man de R o servizo á cidadanía e aos deportistas, traballan xa en alianzas con clubs deportivos, colexios e institucións para implantar de maneira específica o teléfono nas súas instalacións.

“A potencia de R para facer chegar mensaxes á cidadanía é perfecta para conseguir que unha startup como WATS Team obteña voz para servizos como o “Teléfono contra a violencia no deporte” ou a formación a adestradores/as, familias e deportistas, que impactan directamente en avanzar cara a unha sociedade máis xusta, libre e que valore a súa pluralidade e diversidade”.

WATS Team

“O deporte é para gozar e non para sufrir”. Son palabras de Vicente Del Bosque, un dos rostros visibles de WATS Team, xunto con Julen Guerrero, Xabi Prieto, Jero García ou Patricia Ramírez. Un equipo que conta con máis de 25 profesionais de distintos ámbitos dende a psicoloxía, a educación, os dereitos da infancia, as finanzas, o marketing ou a comunicación.

WATS Team é unha startup fundada en Bilbao en 2016 vinculada á Universidade de Mondragón e baseada na metodoloxía formativa de Tiimiakatemia Finlandia, organización premiada como centro educativo excelente polo Goberno de Finlandia. Leva tres anos traballando na erradicación da violencia no deporte dende a formación en valores humanos ata a prevención da violencia.

E non o esquezas, ante calquera problema, envíanos unha mensaxe de Whatsapp ao 688 655 099. Estamos para axudarte.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Pedro di:

    Una pregunta, no es posible navegar por las webs con el deco 4k con un navegador de la play store como puffin? Tardan la vida las paginas en cargar, se desconecta, me da 1 mega o menos con el velocimetro de r, sin embargo con youtube, …descargando apps si va muy rapido, tengo 500 mb.
    Gracias.

  2. Avatar DAVID G. di:

    Me parece una iniciativa increíble!!!! Bravo!! Ojalá se hicieran más cosas relacionadas con este tema, que cada vez es más candente en nuestra sociedad.