menú
‘World of Warcraft’, ‘Fifa’ y ‘Final Fantasy’, los videojuegos favoritos de la comunidad R

‘World of Warcraft’, ‘Fifa’ e ‘Final Fantasy’, os videoxogos favoritos da comunidade R

27/08/2021
Blog R

O 29 de agosto celébrase o Día do Gamer, e nas redes sociais de R estivemos xogando toda a semana. Lanzamos unha pregunta: cal foi o videoxogo que máis te marcou e por que? E este foi o voso TOP 3.

‘World of Warcraft’

‘World of Warcraft’

Saga insignia de Blizzard, que popularizou a novos niveis o xénero dos xogos de estratexia en tempo real (RTS).

Pero non quedou aí, e dende a súa terceira entrega pasou ao mundo do multixogador masivo en liña (MMO) co ‘World of Warcraft’. Dende entón o universo Warcraft expandiuse con novelas, xogos, cómics e mesmo unha peli.

Actualmente WOW segue tendo un gran número fiel de gamers, que seguen xogando as súas aventuras co/coa seu/súa personaxe no mundo de Azeroth onde as dúas faccións (Orda e Alianza) mantéñense nunha permanente loita.

‘Fifa’

‘Fifa’

Durante máis de 20 anos, EA Sports produciu a lendaria serie FIFA, a maior franquía de videoxogos de deportes do mundo. Cada ano lanzan unha nova edición dende 1994. E outro dato: no 95 engadiron a Liga española.

A franquía inclúe as ‘World Cup’ e a serie ‘FIFA Street’ de fútbol máis de rúa, que empezou a súa andaina en 2005.

E presta atención, porque o ‘FIFA 22 Ultimate Edition’ lánzase en tan só uns días.

‘Final Fantasy’

‘Final Fantasy’

No TOP 3 non podía faltar un clásico, que a Carolina Lizandra marcoulle ben: “Final Fantasy 7 en la ps1, hasta tengo llorado”, comentábanos en Facebook.

Square Enix deu no cravo alá por 1987 cando lanzou a primeira entrega da saga, a terceira máis longa da historia. O videoxogo de rol, que mestura fantasía e ciencia ficción, conta con secuelas, spin off, películas e unha serie de animación.

A súa banda sonora puido escoitarse na gala de inauguración dos Xogos Olímpicos de Tokio. E en dúas semanas, Square Enix lanzará o ‘Final Fantasy IV Pixel Remaster’ despois de presentar as remasterizacións das tres primeiras entregas tal e como as coñeciamos na súa época, é dicir, con ese estilo pixelado dos xogos orixinais.

E ti, estás de acordo coa elección da comunidade R? Escribe o teu videoxogo favorito na caixa de comentarios..

¡Feliz Día do Gamer!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.