menú

Vacacións e rapazada: actividades e campamentos para pasar o mellor verán en Galicia

11/07/2022
Blog R

Chegou o verán e con el as vacacións escolares. Un tempo que podería ser de descanso e diversión pode tamén converterse nunha dor de cabeza para os pais e nais que traballan. Nos últimos anos multiplicáronse as iniciativas de conciliación familiar e laboral en forma de campamentos, actividades e obradoiros para os/as pequechos/as. Se vives en Galicia ou por se vés visitarnos este verán, recompilamos para ti os plans máis divertidos con nenos e nenas. Unha selección de campamentos, obradoiros e actividades arredor do cine, banda deseñada, arte, historia, ciencia, música… Si, valos atopar das temáticas máis variadas, para que se adapten a todos os gustos e públicos.

Este recompilatorio de obradoiros e actividades con nenos e nenas de Galicia presenta propostas coas que poderás tomarte un respiro mentres deixas entretidos os/as máis pequeños/as cos/coas seus/súas monitores/as e outras coas que gozaredes a familia ao completo. Ademais de darche ideas para sorprender á xente miúda con plans alternativos, poden sacarte de apuros nun día de choiva en que se estrague o plan da praia ou da piscina. Imos aló?

 

campamentos de cine

Unha semana de cine

A escola de teatro AM Vigo convida a nenos/as e adolescentes de entre 10 e 18 anos a pasar unha semana do cine este verán cun campamento semanal no que poderán achegarse á linguaxe cinematográfica, ao tempo que desenvolven habilidades coma a escrita, a oratoria ou a expresión corporal. De xullo a setembro, de 10:00 a 14:00 h.

 

campamento webcomic

Crea a túa propia banda deseñada web

Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22, festival que se celebra durante todo o verán no Monte do Gozo, en Compostela, inclúe nesta edición ata tres campamentos relacionados co sector audiovisual. Un deles, centrado na creación de banda deseñada web, diríxese a afeccionados/as a partir de 14 anos, entre o 5 e o 9 de setembro. Ademais, os mércores de xullo e agosto os nenos e nenas de entre 3 e 4 anos teñen un programa específico infantil a cargo dunha empresa especializada.

 

Verán no Gaiás

Verán no Gaiás

Obradoiros de maxia, monicreques, contacontos, xogos e arte. Todos os mércores, entre o 13 de xullo e o 17 de agosto, a Cidade da Cultura de Santiago presenta unha proposta diferente para gozar do tempo de lecer en familia.

 

Arte contemporáneo

Arte contemporáneo

Os/as máis pequeños/as sós ou en compañía de adultos. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, enche as mañás deste mes de xullo de obradoiros infantís (mércores e venres) e de laboratorios de experimentación e creación en familia (martes e xoves). Unha grande oportunidade para divertirse e coñecer materiais, técnicas e artistas.

 

Descubriendo a los tiburones

Descubrindo os tiburóns

O Acuarium Finisterrae, que forma parte dos Museos Científicos Coruñeses xunto coa Domus e a Casa das Ciencias, convida os/as seus/súas visitantes a participar en xullo e agosto no obradoiro experimental ‘Tiburóns á vista’, no que poderán descubrir curiosidades sobre esta especie. Todos os días ás 18:00 h.

 

Campamentos Petroglifos

Arqueoloxía e petróglifos

O Parque Arqueolóxico da Rocha de Campo Lameiro reforza a súa programación estival con obradoiros familiares, escape rooms e rutas de exploración, entre outras iniciativas. Para participar cómpre reservar con antelación.

 

Campamentos Roma Antigua

Na antiga Roma

O Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, ofrece os sábados e domingos obradoiros para as familias sobre diferentes aspectos relacionados coa vida na Antiga Roma. Tanto os obradoiros coma a visita ao xacemento, único baño doméstico romano con palestra atopado no norte peninsular, son gratuítos.

 

Campamentos Muncyt

Ciencia e Tecnoloxía

Obradoiros infantís e xogos de pistas son algunhas das actividades que ofrece en xullo e agosto o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Muncyt, na Coruña. O obxectivo é que os participantes se familiaricen coa colección do museo, inventores, novos descubrimentos ou campos como a astronomía, a bioloxía, a electrónica… A entrada é gratuíta.

 

Festivales

Unha morea de festivais

Moitas das numerosas festas que se celebran en Galicia durante o verán contan cunha zona infantil e actividades especialmente pensadas para os máis pequenos. Entre eles están o ‘Atlantic Fest’ de Vilagarcía, que conta cunha Zona Infantil; o ‘SinSal’ da illa de San Simón, que programa obradoiros interxeracionais e rutas de pedal surf; o ‘Festival da Luz’ de Boimorto, ou o ‘SilFest’ do Barco de Valdeorras.

 

Xa apuntaches os teus favoritos? Seguro que notaches que coa maioría destes plans aprenderán mentres se divirten. Feliz verán, familias R!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.