menú

O mellor plan para o inverno: termóstato intelixente de 3ollos R

22/01/2018
Blog R

Ola. Xa levamos unhas semanas de inverno. E ademais da chuvia, que falta facía, xa notamos bastante o frío. Ser do norte é o que ten, que as nosas paisaxes son impresionantes, pero tócanos combater o tempo. Agora ben, grazas a 3ollos R e ao seu termóstato intelixente, poderemos levar mellor as baixas temperaturas.

Como a todos nos gusta chegar á nosa casa ou negocio e poder estar a gusto, presentámosche a nova funcionalidade do servizo 3ollos R. De novo, ti, de forma remota, na nosa app (ou web), podes controlar o que pasa de forma sinxela e rápida.

Controla a temperatura

Con este termóstato asociado a 3ollos R podes programar a calefacción dende o teu móbil. Por exemplo, imaxina que é un día frío e non chegas ata as 20.00h. Pois ben, podes deixar programado que se acenda ás 19.30 horas, coa temperatura que ti desexes. Para que cando entres xa estea todo ao teu gusto. E se logo tardas máis, non hai fallo: entras na app (ou web) e programas o inicio para máis tarde.

E se por exemplo decides pasar a fin de semana na casa da aldea, ó saír da casa acendes a calefacción dende a app de 3ollos e cando chegues estará todo quentiño para espremer o tempo ó máximo.

Do mesmo xeito, se tes un negocio e queres que os clientes teñan un ambiente confortable dende primeira hora, podes deixar todo programado. E que se apague, por exemplo, pola noite e os domingos.

E sempre que queiras podes acendela, apagala ou cambiar a súa programación dende a app (ou web). Esteas onde esteas.

Que podes facer

Estas son as principais funcionalidades do termóstato:

  • acender e apagar dende o móbil ou o ordenador
  • ver a información da temperatura actual do fogar/empresa e da temperatura que tes programada.
  • programar por horas a temperatura desexada.
  • se queres, tamén podes modificar manualmente a temperatura directamente no termóstato (vai prevalecer sobre o que tes na app ou na web).
  • contar cun histórico de temperaturas dende a instalación do equipo.

Requisitos

Este termóstato está homologado para casas e negocios con caldeira que teñan conexión de estado externo (termóstato de control). O que facemos é substituír o dispositivo de parede xa existente e poñemos estoutro, que podes controlar alí onde esteas.

Condicións

Se che interesa este servizo, este mes podes contratar o termóstato a metade de prezo, por 2€ (IVE incl.) durante 24 cotas, e despois so pagarás 4€.

Ademais, se contratas 3ollos R por primeira vez, regalámosche a cota do servizo durante os primeiros dous meses. A partir de aí, son 5€/mes (IVE incl.) se tes xa un combo en R.

Con calquera dúbida ou pregunta, coma sempre, por aquí estamos 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

  1. VANESSA Fernandez Carballo di:

    Semella bastante caro. Estou vendo de comprar o Netatmo e me sale a un precio moito máis económico aparte de que creo que ten máis funcionalidades. Se non é así, agradecería que mo indicasen. Grazas.

    • Ola, Vanessa.

      O Netatmo polo que vimos custa 179€ e no caso do termosto de R coa promoción, vale 2€/mes, que en total son 48€. É dicir, é moito mái sbarato.

      Sobre funcionalidades, o Netatmo vai aprendendo e programando a temperatura en función de ciertos parámetros. Iso está xenial, non o imos negar, pero se o usuario ao final sabe se ten frío ou non, e pode que o dispositivo decida algo que non sexa real ou non se corresponda co que ti necesitas e ao final o teñas que axustar. Co de R, directamente pos ti a temperatura.

      Que podemos ofrecer nós? En primeiro lugar en R instalámoscho e dámosche soporte se necesitas algo no servizo. É dicir, evitámosche a molestia e sabes que vai quedar ben.

      En segundo lugar a vantaxe de R é a integración con outros servizos, xa que ofrecemos unha solución completa de fogar. Desa forma, podes programar o termostato non só por horas, senón dicirlle que só se acenda se estás en modo casa ou en breve, dicirlle que se acenda cando saes do traballo ou cando os nenos saian do cole sen ter que facer nada máis.

      E en 3ollos R tes a posibilidade de engadir cámaras para saber o que pasa na casa, sensores para ver se se abre a porta, detectores de fume… É dicir, é unha solución moi completa onde ti escolles o que che interesa.

      Comentamos con calquera dúbida.

      Un saúdo!

  2. Carmen di:

    Hola,gustariame saber se esto se adapta a calquera tipo de caldeira.Teño o hueco para o termostato feito cos cables…seria posible instalar o voso?graciñas!

  3. Luis Perez di:

    R, para que nos vamos a engañar, Netatmo le da mil vueltas a vuestro termostato. Instalación? Por dios si es juntar 2 cables. Soporte? El mismo que da Netatmo. Funcionalidades? 1000 a favor de Netatmo incluida estadisticas de consumo, ahorro energetico…
    sigo?

    Creo que no es necesario. Vendeis un producto y eso está genial, pero no nos vendais la moto de vuestro “ milagroso “ termostato cuando es de lo mas basico del mundo… y ya de paso haceis publi de vuestro “ ecosistema “ que aun está en pañales. Suerte!

  4. Juan di:

    Buenas. Pues yo también creo que el Netatmo es muchísima mejor opción (compatibilidad con Homekit, estética, autoaprendizaje, posibilidad de añadir valvulas adicionales…).

    Y os vais al precio más caro, pero viendo otras webs, como mínimo es 15 € más barato.

    Ojo, no estoy diciendo que lo que ofreceis ahora no esté bien. Seguro que si. Pero que los hay mejores, a un precio competitivo también.

    Pienso yo que, por ejemplo ofreceis móviles de varias gamas, ¿por qué no ofrecer 2 termostatos de gamas diferentes?. Y es que ni me planteo comprar este SECURE, sin embargo el Netatmo me lo plantearía seriamente.

    Aunque bueno, releyendo la entrada veo que este está asociado a 3ollos y el Netatmo no es necesario.

    Un saludo.

    • Hola, Juan.

      La asociación con 3ollos R te permite más posibilidades. Desde la aplicación del móvil o desde la web puedes controlarlo. Y puedes añadir por ejemplo un sensor de humo o ver el consumo eléctrico. Alrededor de 3ollos R tienes múltiples posibilidades, con lo que el termostato es una más.

      Un saludo.

      • Juan di:

        Ya le estuve echando un vistazo. La idea es muy buena, pero el problema que teneis es el mismo de siempre. No usais el mejor hardware. Pero es que tampoco es el mas barato.

        Por ejemplo. El enchufe inteligente. Teneis uno grandísimo que no se que marca es. Sale por 48€. Por poner un ejemplo de uno bueno. El gato Eve Energy tiene un precio de 50 € como mucho. Ahora mismo por 46 € en alguna tienda.

        No miré bien, pero con las luces, si quiero que me las gestione 3ollos, tiene que ser con enchufes inteligentes. Si quiero las HUE de Philips, o el de Ikea, me da igual, ya no puedo con vosotros (a menos que esté muy equivocado, corregirme si es así).

        El multisensor. Echarle un vistazo al Fibaro Homekit Multi-Sensor. 68 € es su precio. El vuestro sale por 72 €. Y estoy seguro que el Fibaro es muchísimo mejor.

        Resumiendo, no teneis el mejor hardware. Otro ejemplo, el desco 4K. Si no recuerdo mal salió con Android TV 6 (con el cual sigue), y ya vamos con el 8.1. Ni actualizaciones de seguridad tiene.

        • Hola, Juan.

          No es correcto lo que indicas. 3ollos R tiene actualizaciones constantes, y el deco 4K también. De hecho se ha lanzado ahora una nueva versión con cambios en la usabilidad. Las actualizaciones se pueden lanzar sobre el mismo sistema operativo. En todo caso, ya te adelanto que no se quedará en esa versión de Android.

          Un saludo.

          • Juan di:

            No es correcto lo que indico en software. En hardware tengo razón.

            No conozco 3ollos. Y no lo critico. Insisto. Critico el hardware. No es el mejor. Hay mucho mejor hardware en el mercado y más barato. Seguro que seguís sacándo muchas actualizaciones de 3ollos. Ahí no entro.

            Sobre el deco 4K. Lo sacásteis en julio-agosto, cuando ya había sido anunciado Android TV 8. Hasta el mes pasado tuvo Android TV 6 (al mediodía miraré si sigue igual).

            ¿La nueva versión con cambios en usabilidad trae PiP? No, porque viene con Android TV 7. Está muy bien que actualiceis en el mismo sistema operativo, pero si Google dice que con X versión tienes PiP, pues me gustaría tenerlo.

            Todo esto sin acritud, que puede parecer que estoy molesto pero no, sólo comento 😉