menú

Así foi a Technium R Encounter 2019

06/05/2019
Blog R

A Technium R Encounter vén de rematar cun balance enormemente positivo, segundo os organizadores. A súa sétima edición, a máis ambiciosa ata a data, saldouse cun sobresaínte en todas as áreas, incluíndo os aspectos técnicos e os contidos ofrecidos a participantes e visitantes.

Son salientables o incremento da velocidade de conexión a Internet, que pasou de 1 Gbps a 10 Gbps grazas á nosa conexión de fibra R, que se mostrou perfectamente estable durante todo o evento. Estes datos confirman o salto técnico cualitativo da lanparty, unido ás espectaculares instalacións que proporciona Expourense, sede por primeira vez do evento.

500 participantes

Este ano consolidouse a área formativa, cunha zona de talleres e conferencias, que obtivo unha grande acollida. As temáticas das charlas que máis interese espertaron foron as relacionadas cos bos usos da tecnoloxía, mentres que os máis pequenos gozaron especialmente coas actividades de programación.

Doutra parte, a actividade dos 500 participantes no evento en todos os torneos e concursos foi tamén moi alta, e os xurados das competicións de arte dixital destacaron a alta calidade das creatividades presentadas a concurso. Os apartados de composición de música dixital, deseño gráfico e edición de vídeo destacaron especialmente polo alto nivel dos traballos. E tamén foi reseñable o número de apuntados ás probas de software libre, unha categoría que require coñecementos de programación e seguridade informática e que pon a proba o enxeño e os coñecementos dos inscritos.

 Nova etapa

A lanparty, organizada pola asociación Technium, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, de R e de Expourense. Os organizadores mostráronse especialmente satisfeitos tamén coas visitas recibidas en novo espazo aberto ao público, denominado Extranet, no que puideron acceder a conferencias gratuítas, e zonas dedicadas ás impresoras 3D, os videoxogos e a realidade virtual.

Na pasada edición, a Technium R Encounter quedou vinculada á rede de “Encounters” de Euskaltel, que naceu en Euskadi hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. Ademais, o de Ourense é o segundo evento galego que incorpora o apelido “Encounter” á súa denominación, despois da XGN R Encounter de Silleda (Pontevedra). Estas sinerxias marcan a nova etapa da Technium R Encounter, que busca consolidar a futuro un crecemento do evento a nivel de participantes e oferta de actividades.

Vídeos e fotos

Compartimos contigo algunhas das fotos e dos vídeos que deu de si o evento.

/

Technium R Encounter

Technium R Encounter

Technium R Encounter

Technium R Encounter

Technium R Encounter

Technium R Encounter

Technium R Encounter

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.