menú

Technium R Encounter, do 3 ao 5 de maio

15/04/2019
Blog R

Ola. Un ano más, en R comprometémonos coas principais quedadas dixitais de Galicia. Así que estaremos presentes na Technium R Encounter.

Toma nota, porque se celebrará do 3 ao 5 de maio en Expourense.

Cifras

Te resumimos en datos a Technium R Encounter:

  • Máis de 500 ordenadores en rede.
  • Máis de 3.000 asistentes.
  • 10 Gbps de conexión a Internet.
  • Máis de 8.000 metros cudrados ocupados en Expourense.
  • Máis de 5.000 euros en premios.
  • 3 días de actividade ininterrompida.

Compromiso

Desde R queremos apoiar este tipo de iniciativas, por iso imos ofrecer unha conexión de altas prestacións aos asistentes.

Un dos principais avances desta cita residirá na conectividade do evento. A velocidade de conexión será de 10 Gbps simétricos, o que multiplicará por 10 a da pasada edición e suporá despregar fibra óptica ata o recinto. A iso sumarase 1 Gbps de respaldo.

Party informática

Se non che soa a Technium R Encounter, presentámoscha. É unha recoñecida party informática organizada con grande éxito pola Asociación de estudantes da Facultade de Informática. Durante seis edicións celebrouse no polideportivo da Universidade de Vigo na cidade de Ourense. Este 2019, conxuntamente con R, quere converterse nun referente a nivel nacional, ampliando o seu contido e abríndose a outro tipo de público que non sexa só o especialista en informática.

Será unha reunión multitudinaria de afeccionados e profesionais da informática e as novas tecnoloxías. Alí intercambiarán coñecementos e realizaránn durante varios días todo tipo de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías. Trátase de xu8ntar talento e coñecemento para crear novas ideas e proxectos.

Actividaddes en Technium R Encounter

Para todo o mundo

A party conta con dús zonas:

  • intranet: reservada para os inscritos. Teñen un puesto con conexión de altas prestacións e poden competir en torneos exclusivos con premios. Estes torneos divídense en cinco áreas: esports, creatividade dixital, hardware, software e outras actividades.
  • extranet: a este espazo teñnen acceso todo tipo de visitantes. Ofrecerá un completo programa con multitude de actividades, que van dende zona de videoxogos, impresoras 3D, realidade mixta e virtual, drons, talleres e conferencias.

crea R

Unha das actividades gratuítas deste ano é crea R, un taller de robótica para nenos de entre 7 e 12 anos, onde xa te podes apuntar. Ademais, os pais recibirán unha charla da man de expertos dixitais para orientar os seus fillos no uso das novas tecnoloxías.

Non deixes de asistir ao evento, porque haberá moitas propostas para todos os públicos. Esperámoste do 3 ao 5 de maio en Ourense.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.