menú
Súmate tú también a los retos del ‘Dragal Challenge’

Súmate ti tamén aos retos do ‘Dragal Challenge’

27/01/2022
Blog R

Gústache descifrar adiviñas? Queres descubrir lugares máxicos de Galicia? Pois ‘Dragal Challenge’ é para ti. O xogo interactivo baseado nas novelas de Elena Gallego xa está en marcha e a cousa ponse emocionante.

Os equipos participantes xa lanzaron os seus retos e ti tamén podes resolvelos. Explicámosche como podes xogar ao ‘Dragal Challenge’.

 

Onde se xoga o ‘Dragal Challenge’?

Na nova plataforma PetisGO! Un espazo onde podes gozar de contidos interactivos como nunca antes o facías: ver vídeos en 360º, entrar en escenarios de realidade virtual e tamén xogar á realidade aumentada, como este ‘Dragal Challenge’.

Nueva plataforma PetisGO!

Para ver e responder os retos tes que entrar e rexistrarte na aplicación PetisGo! dende o ordenador ou descargarla no teu móbil Android ou iOS.

Importante se vas entrar dende o teu smartphone: asegúrate de que sexa compatible con Realidade Aumentada (AR). Sono os iPhone dende o 6S ou os iPad de 5ª xeración ou superior. Se tes un Android, comproba aquí a compatibilidade.

E xa estás listo.

 

Que retos debes superar?

Os equipos participantes no ‘Dragal Challenge’ xa gravaron os seus retos en PetisGo! E isto que é?

Pois son unhas adiviñas que os seus adversarios deben acertar a través dunha serie de pistas, para descubrir onde esconderon os ovos do dragón. Son o que se chaman os ‘retos bifurcados’.

Retos bifurcados Dragal Challenge

E, ademais, deben atopar a localización exacta dese lugar máxico de Galicia, a través da Realidade Aumentada; por iso diciámosche que o móbil debe ser compatible. Non te asustes, é moi parecido a Pokémon Go 😉. Atoparalos xa na plataforma como ‘retos AR’.

Reto Realidad Aumentada Dragal Challenge

Ti tamén podes tentar resolver todos os retos. Así que entra a velos en PetisGo!, pon a proba as túas habilidades e divírtete superando os desafíos, como un máis dos equipos do Dragal.

Esta semana xa tes 5 retos para descifrar e a próxima chegarán outros 5. A por eles!

 

Sigue a gran final en directo

O ‘Dragal Challenge’ está que arde e os equipos tratan de resolver todos os retos para conseguir os puntos que lles metan na gran final, que se xogará na Alameda de Santiago de Compostela. Podes ver aquí como vai a clasificación.

O luns 7 de febreiro teremos os nomes dos finalistas. Estamos a desexar saber quen se medirá no capítulo final deste desafío único en Galicia e que poderás seguir en directo a través de PetisGo! o próximo 12 de febreiro.

Iremos contando máis detalles para que non o perdas dende a casa.

Mentres, tócache a ti. Úneste a resolver os retos do ‘Dragal Challenge’?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.