
Dende o teu móbil, soluciona calquera incidencia na televisión R
Ola. Hoxe toca falar dunha ferramenta que acabamos de implantar na nosa web. Vamos, que é algo recén saído do forno e que de seguro che resulta de utilidade: trátase do autodiagnóstico de televisión.
Como sabes, hai tempo que sacamos a posibilidade de “autodiagnosticar o teu acceso de internet” para que poidas ver ti directamente que está a acontecer, se hai unha incidencia na zona ou se non che chega ben o sinal wifi porque a canle que usas está saturada, porque hai un cable frouxo…
O caso é que como funcionou tan ben e está a permitir en moitos casos unha solución rápida e directa, agora decidimos facer o mesmo pero aplicado á televisión R.
Podes facer o autodiagnóstico tanto dende o teu ordenador como dende unha tablet ou móbil grazas á nosa app. Así, se che falla unha canle, se non vai o mando a distancia, se non che vai a conexión a través de internet ou falla o rebobina, podes ver como arranxalo, xa que che indicamos as solucións máis habituais para este tipo de casos.
O mellor de todo é que podes ver os pasos a seguir en detalle, con fotos de todo o proceso. A idea, claro está, é facelo o máis sinxelo posible porque non somos técnicos
E se o problema non queda resolto, abrimos avaría, claro está. Sabemos que hai cuestións que non as pode arranxar o propio usuario, polo que nese caso o mira un dos nosos técnicos ou enviamos á túa casa a alguén por se é algo que afecta á nosa rede, cableado ou equipos.
Pero a idea é que poidas solucionar rapidamente esas pequenas incidencias que poidan xurdir, que teñas información de que as causa ou ben abrir avaría se é necesario.
Un saúdo.
13 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Unha pregunta. Cededes informacion de datos a vodafone? E que non me deixan de chamar e non sei de onde sacaron o meu movil. Gracias
Ola, Paco.
Evidentemente os datos dos clientes só se usan para darvos o servizo. Non se dan a ninguén nin menos se ofrecen á competencia, porque non ten sentido dicirlle a outro operador “aquí tes os datos dun cliente, a ver se nolo roubas”.
Están a realizar unha campaña moi agresiva sobre os nosos clientes e xa che digo que incluso aos que traballamos aquí nos chamaron. Pero cos datos, que quede claro que somos moi estritos e serios.
Un saúdo.
Ok. Eu o dicia mais que por que cedades os datos que teñan eles acceso o compartires infraestructura e agora que cambiades a orange tenten coller clientes. Pero quedoume claro. Gracias
Nós en ningún caso lles cedemos os datos dos clientes. Hay un acordo sobre as nosas liñas, pero en ningún caso se indica os datos dos clientes. Iso non sae de R. Nin para Vodafone nin para Orange.
¿Isto vale para o servicio de rebobina na web? Gracias
Ola, Isabel.
Non, é para o rebobina vía desco.
Que aconteceu no teu caso co rebobina web?
Un saúdo.
Gracias por preguntar.
Pois que dun tempo a esta parte falla continuamente. (Isto non é a excepción, é a regra xeral …)
Mesmo ás veces interrúmpese a conexión cada 5 minutos ..non da recargado…así que intentar ver unha película se fai eterno…
Se non abriches incidencia, faino para revisalo. Ou, se queres, pásame os datos a quecheparece@mundo-r.net e xa o tramito eu co servizo técnico.
Graciñas!
Acabo de picar en “suscribir”, después de dar mi correo electrónico para acceder a todas las novedades e información de los servicios de R directamente en mi correo, pero no veo que pase nada. No sé si ya está hecha la suscripción o no. Gracias
Hola, Carlos.
No llegó nada, así que la suscripción no se ha realizado.
He puesto de nuevo tu correo, te debería llegar un email de confirmación para que quede hecho.
Un saludo.
Me parece una de las preguntas con más sentido en los 12 años k llevo jugueteando con el Ordenador, y utensilios o aparatos más obsoletos. Un saludo desde Ourense-Galicia.
Es evidente que Vodafone tenia acesso a nuestros datos. Fue llegar a un acuerdo con Orange y empezar a machacarnos en las dos líneas.
Hola, Luis.
En ningún caso Vodafone tiene acceso a nuestros datos. Otra cosa es que sepa que una línea móvil es de R.
Pero eso es un dato público que cualquier puede consultar a través de la web de la CMT:
http://www.cmt.es/pmovil/SelectOption.do
Un saludo.