menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Con xente así, calquera: o servizo técnico de R (vídeo)

16/05/2018
Blog R

Hai pouco comentabámosche que R era o operador mellor valorado entre as empresas galegas. Unha das razóns era a valoración tan positiva que facían do noso servizo técnico e da nosa atención ao cliente.

O único segredo que hai detrás son os estupendos profesionais que cada día tratan de facelo o mellor posible. Un deses exemplos é Ana Sánchez, que traballa para o noso servizo técnico.

17 anos

Este ano cumprimos dúas décadas en Galicia, dende que a mediados de 1998 conseguimos licenza para despregar rede propia na nosa comunidade. Ana incorporouse ao proxecto pouco tempo despois, polo que coñece como ninguén a evolución que vivimos durante este tempo. “Como pasamos de dar basicamente teléfono fixo a lanzar o servizo móbil, ofrecer rebobina na televisión, 3ollos R ou solucións a medida para empresas.

Actitude

Como Ana explica, a clave está na “actitude”, en “intentar axudar ao cliente en todo o que estea na miña man”. Cóntanos que cando se incorpora un novo compañeiro que estivo a traballar para outro operador, unha das cousas que máis lle chama a atención é que en R non se quedan unicamente no procedemento. “Nós, sempre que podemos, imos un pouquiño máis alá”, confesa. Do que se trata é de poñerse na pel do cliente e de atendelo como che gustaría que te atendesen a ti.

Axudar

O que máis lle gusta a Ana do seu traballo, ademais de poder estar á última nas novas tecnoloxías, é resolver calquera incidencia que teña o cliente na mesma chamada e que este quede contento. “Sénteste ben e iso é importante tanto en calquera traballo como na vida”, sentencia.

Dende logo, con xente así, calquera. É un orgullo ter profesionais do talle de Ana. E hoxe tócanos darlle publicamente as grazas tanto a ela como a todos os seus compañeiros.

#20anosporaquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

13 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. DAVID di:

    Por mi parte estoy encantado con el servicio de atención al cliente y posiblemente mas con el técnico. Solo tengo elógios para la gente que me atiende, siempre con muy buena actitud y con ganas de resolver mis problemas. Pero para un cliente lo mas importante no es solo la buena atención, sino la resolución efectiva de problemas y hasta la fecha, y este año son 10 años como cliente, se ha cumplido, y siempre en la mayor brevedad posible. Supongo que es muy fácil llamar para quejarse y decir todo lo malo que lo están haciendo, pero estoy seguro que pocas llamas recibirán para felicitarles por el buen servicio. Asi que Felicidades a toda esa gente que trabaja todos los días para solucionarnos los problemas, dudas u otras cuestiones al lado del teléfono con una gran sonrisa. Muchas gracias!!! De parte de un cliente satisfecho;-))

  2. Molju di:

    Yo fui cliente vuestro de móvil durante 5 años y las veces que llamé (no fueron muchas) me atendieron estupendamente. Seguir así

  3. Maria di:

    Llevamos en R desde que nació como empresa en Galicia, pues igual cerca de 20 años, hemos tenido muchas ofertas por parte de otras operadoras, pero lo único que queremos es tener un buen servicio y cero problemas y eso sólo lo da R. Gracias

  4. Jose Aneiros di:

    yo habia estado en R tiempo atras y me di de baja por una suba en el combo que tenia pero volvi a R precisamente por su buen servicio ya que he tenido que llamarlos por problemas en el wifi y tubimos que cambiarel emplazamiento del router quede muy contento del tecnico que lo hizo la verdad y ahora va todo de maravilla.

  5. Suso PB di:

    Co servizo técnico non hai queixa (o que ven a casa), o que está ao teléfono xa poderíamos poñerlle algún pero, porén os que tedes nos «despachos con mobles de caoba», xa é outro cantar… Vai para UN ANO e seguides sen actualizar a APP de TV R contigo e sen funcionar outro tanto, parabéns por obter a mesma puntuación que Euskatel, xa podedes dicir que formades unha gran equipa!

    • blog R blog R di:

      Grazas por comentar, Suso.

      Con respecto á app de TV comigo, gustaríame que me confirmases se usas a de Android ou a de iOS. Neste último caso, pode dar a lata con algúns dispositivos, polo que a solución sería usar o acceso dende a web de clientes, e non pola app, e abrindo a páxina en Google Chrome.

      Estamos a traballar neste asunto. Por suposto con calquera novidade ou actualización informaremos.

      Sinto as molestias.

      Un saúdo.

  6. Jose di:

    ¿Porqué la banda de 5 Ghz. con solo 4 canales no te permite cambiar del 36?