
Ribadumia conta con fibra óptica de R
O municipio de Ribadumia, na provincia de Pontevedra, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
En R vimos de rematar alí parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais da localidade. Arredor de 650 fogares e empresas do núcleo de Barrantes, en Ribadumia, quedaron xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 350 megas e televisión dixital multicanle de R e serán preto de 900 residencias particulares e negocios os que se poidan conectar á rede do operador galego cando se completen todos os traballos no municipio pontevedrés.
8 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros despregamentos na provincia de Lugo e Ourense forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra e outro para a da Coruña. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.
servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas
Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Fonte da imaxe: Ribadumia.org
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Hola, resido en la zona de Cans, Castillo, un pequeño pueblo al lado de O Porriño.
Me gustaría saber si tenían pensado en ampliar su red de fibra óptica hasta aquí, ya que la velocidad de conexión aqui en muy reducida, por no decir casi nula.
y pregunto por red de fibra óptica porque por otro método de velocidad de conexión no llega el suficiente internet.
Un saludo.
Hola.
Para poder revisar la previsión que tenemos para la zona, necesito que me envíes la dirección exacta de la vivienda a r-al-habla@mundo-r.net, con un enlace a google.es/maps de la misma.
Un saludo.