menú

Descarga a revista R

05/04/2019
Blog R

Ola. Hoxe queremos contarche que temos unha revista mensual coas novidades máis destacadas da televisión R.

Deste xeito, podes anticiparte aos contidos máis interesantes que se van emitir e programar cada mes mes.

Por seccións

Na revista informámosche de cal é a canle que temos en aberto e tamén clasificamos por seccións os eventos que non debes perder.

Empezamos coas series, falando do que se estrea e tamén do comezo das novas tempadas. Saberalo todo sobre o que se emite na FOX, AXN, Netflix, Prime Vídeo, COSMO, Calle 13,TNT, Comedy Central, SyFy ou AMC.

Para toda a familia

Non esquecemos tampouco o cinema, sinalando os grandes taquillazos e os ciclos máis interesantes. Se es fan de Hollywood, TCM, Movistar Estreas, Sundance, DARK ou AXN White, non podes perder o que contamos.

Se es máis de National Geographic,D iscovery, Odisea ou Viajr, tamén tes un espazo cos documentais imprescindibles do mes.

Nos deportes tamén contas cun resumo das grandes citas que se emiten en Eurosport, Motorvision, Garage TV ou UBEAT.

E, por último, non esquecemos protagonismo que teñen os pequenos da casa, que moitas veces tamén son os donos do mando da televisión. Aí poderás ver que contidos non deben perderse.

Como decargala

Podes descargarte a revista R dende a nosa sección de televisión da web ou ben dende a web de descargas.

De novo, con calquera dúda, por aquí estamos.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Antonio Masdías di:

    Me gustaría National Geographic, Discovery, Odisea o Viajar

  2. Avatar Eva di:

    Algo de baloncesto no estaría mal, sobre todo nba