menú
startups R DICo challenge

Os retos de startups R DiCo Challenge

16/01/2019
Blog R

A nosa aceleradora de contidos dixitais startups R DiCo Challenge presentou o pasado mes de decembro os cinco retos tecnolóxicos a emprendedores para esta edición 2019.

O prazo de presentación remata o 8 de febreiro. Segundo o teu campo de traballo preferido podes escoller entre os cinco retos mentorizados por profesionais de R e da CRTVG.

O programa será mentorizado por cinco expertos, profesionais de R e da CRTVG, que te asesorarán a cada paso. Pensamos que che gustaría coñecelos.

Reto 1: enriquecemento de contidos deportivos

Este reto está mentorizado por Diego Rodríguez, o responsable de xestión de contidos de R.

Os eventos deportivos moven grandes masas de audiencia, agora podemos desfrutar de moitos datos arredor das competicións. Pero imaxina poder saber a que velocidade vai unha pelota, ou a traxectoria completa dun xogador. Se pensas que isto debería existir, non busques máis, atopaches o teu reto.

Reto 2: aplicacións para Android TV

O mentor da segunda proposta é Antonio Ratón, que é o responsable de innovación de televisión en R.

A galaxia de Android TV está por explorar, cada vez son máis os usuarios desta plataforma que ofrece posibilidades infinitas para usuarios e desenvolvedores. Queremos ideas novas, exemplos? Pois canles locais en streaming, plataformas de xogos, de e-learning, big data… que tal pinta ten?

Reto 3: contidos formativos e divulgativos innovadores

Leticia Sánchez, responsable de marketing tv no Grupo Euskaltel, mentoriza o reto sobre a innovación de contidos audiovisuais divulgativos.

Historicamente enfrontámonos aos problemas do mundo con coñecemento. Hoxe temos milleiros de formatos e ferramentas para divulgar este coñecemento e prepararnos para calquera aspecto da vida. Contido tridimensional, gaming, realidade aumentada, televisión conectada, etc. Se tes os pelos de punta coa emoción, atopaches o teu reto.

Reto 4: Big Data aplicado ao consumo televisivo

Este reto, mentorizado por Esther Medina, a xefa do servizo de innovación na contorna dixital na CRTVG, busca avivar os contidos da televisión con big data.
esther-medina-crtvg

Aproveitar  as posibilidades da minería de datos para deseñar a programación, escoller o final perfecto para a serie máis aclamada do ano ou revolucionar o formato dun programa. Se queres cambiar as cousas no mundo televisivo, chegaches ao reto idóneo.

Reto 5: reto aberto

O reto aberto, onde todo ten cabida, mentorizado por Alberto Costas, que é o xerente de alianzas de innovación en R.

Se tiñas unha idea tola bailando pola cabeza, aquí será benvida. Se non queres cancelas, e queres ofrecer algo novo ao eido dos contidos dixitais, preséntate ao reto aberto.

Imos tratar as túas ideas como se fosen nosas, con mimo e ilusión, presenta o teu proxecto ata o 8 de febreiro. Na web de startups R DiCo Challenge tes máis información sobre os cinco retos e como presentarte ao programa mentor.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.