
Resumo de R no 2019
Faltan moi poucos días para despedir o 2019 e entrar nunha nova década. Estes días non paramos de ver listas de grandes éxitos e nós tamén quixemos facer balance deste ano. Doce meses nos que traballamos duro, investindo en Galicia, para darche o mellor servizo.
500 megas de internet
Melloramos a velocidade da internet fixa ata 500 megas. Os clientes de 60 subiron a 100 megas, os de 100 a 200, os de 200 a 300 e os de 350 pasaron a 500/50 megas.
Televisión
- Incorporamos novas canles aos nosos paquetes de televisión:
- Tv ocio: agora podes ver Viajar, Barça TV, Nós Televisión, Extremadura TV, CNN, Bloomberg, BBC World News, France 24, Al Jazeera, NHK World, Russia Today, Cubavisión, Telesur, Record TV ou CGTN.
- Tv familia: incorporou Ubeat, Xtrm, Sundance, Somos, Dark, Play-Doc, Nós Televisión e Extremadura TV.
- Melloramos a calidade dalgunhas canles, con contidos en HD e 4K: deste xeito podes desfrutar en 4K (catro veces máis calidade que o HD) canles como Decasa e Canal Cocina, ou en alta definición TVG, Panda, Somos, Dark e Sol Música.
- Cada mes puideches desfrutar dun novo especial en rebobina (Cine Acción, Festival de San Sebastián, Terror, 20 Aniversario Historia, Nadal Disney…).
- Novas apps no deco 4K: Netflix, Amazon Prime Video ou mitelePlus.
- Seguimos ampliando funcións no noso deco 4K: aumentamos as horas de gravación ata 350 horas ao mes, incorporamos novas listas na portada de rebobina e engadimos a opción de eliminar contidos da lista “continuar vendo”.
- Lanzamos a nova app de tv comigo para que vexas a nosa televisión no teu ordenador (http://ott.mundo-r.com), móbil ou tablet (Android e iOS). Agora inclúe máis canles, gravación de contidos dende a app, opción de continuar vendo, reprodución automática do seguinte episodio, lista de favoritos, busca avanzada e moito máis.
Móbil
- Dende este ano todas as nosas tarifas de móbilR teñen acceso a 4G.
- Fomos os primeiros en ofrecer 100GB no móbil.
- Aseguramos o teu móbil contra roturas, roubo e furto. Ademais, lanzamos o seguro “Coida a túa pantalla” por se só necesitas asegurar a parte máis delicada do teu teléfono.
Máis galegos con fibra
- Durante o 2019 seguimos investindo para poder chegar a máis galegos coa nosa fibra.
- Este ano chegamos por primeira vez ás localidades de Camariñas, Curtis, Ortigueira, Pobra de Trives, Petín, Ponte Caldelas, Porto do Son, O Rosal, Tomiño, Guitiriz e Moraña, grazas ao Plan Avanza do Ministerio de Economía.
- Tamén aumentamos a nosa presenza en municipios nos que xa estamos como Miño, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Ferrol, Neda, Poio, Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ordes, Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Arteixo, Nigrán, Vigo, Cervo, Sanxenxo, Redondela, Mugardos e Boqueixón.
E non só galegos
No 2019 empezamos a ofrecer servizo fóra de Galicia. León e Cantabria desfrutan xa os nosos mellores servizos de móbil, internet e televisión.
Pagamos os impostos preto dos nosos clientes
Fomos a primeira empresa de telecomunicacións que se acreditará coa Pegada Fiscal da Fundación Knowcosters, o selo que certifica a nosa transparencia e compromiso en materia fiscal..
Compromiso co deporte
- Fainos moita ilusión estar presentes en LaLiga Genuine, formada por conxuntos do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual). Patrocinamos ao Dépor Genuine e ao Celta Integra.
- Organizamos a primeira xornada “Tecnoloxía e Deporte” xunto coa Fundación Deporte Galego da Xunta e Cinfo.
- Puxemos en marcha o “Teléfono contra a Violencia no Deporte” xunto ao equipo de WATS Team. Unha canle segura e confidencial a través de mensaxes de Whatsapp para poñer freo ao acoso e á violencia no ámbito deportivo.
Aposta pola innovación
- Celebramos a primeira edición do programa startupsR DiCo Challenge e tivemos a oportunidade de coñecer en directo os catro proxectos desenvolvidos na fase de aceleración. Unha iniciativa pola que fomos galardoados como “Mellor empresa tractora” de proxectos innovadores nos Premios TIC Galicia 2019.
- Creamos a Cátedra R en Ciberseguridade xunto ás universidades da Coruña e Vigo e celebramos CyberSec@GAL, o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital.
Actividades
- Encounters: volvemos ser referencia en Galicia das parties informáticas coa Technium R Encounter en Ourense e XGN R Encounter en Silleda.
- crea R Digitalent: levamos os nosos talleres de robótica para nenos e charlas didácticas para maiores a dez localidades de Galicia.
Como ves, o ano deu moito de si. No 2020 seguiremos ao pé do canón para darche sempre o mellor servizo.
Feliz Ano!
25 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Hace un año me prometieron que los 200 mb contratados se convertirían a lo largo de 2019 en 300 mb
Me los van a aumentar antes del 31, o debo considerar que es un incumplimiento suyo??
Hola, Alberto.
Tendría que revisar tu caso.
Escríbeme, por favor, con los datos del titular a la siguiente dirección: r-al-habla@mundo-r.net
Un saludo.
Y para cuándo poder compartir los Gb de datos entre las líneas móviles del mismo Combo?
Hola, Plácido.
Es algo que nos solicitáis muchos clientes.
Cuando tengamos alguna novedad al respecto os avisaremos.
Un saludo.
Y para cuándo acumular los megas no disfrutados de un mes a otro?
Hola.
Es una opción que todavía no tenemos, pero tomo nota de tu sugerencia para ver si la podemos incorporar.
Un saludo.
No sé cuando sería el aumento de velocidad.Yo todavía sigo con 200 megas y estamos a 22 de diciembre.
Hola, Fernando.
El aumento de velocidad se ha realizado a principios de año.
¿Puedes enviarnos tus datos a R-al-habla@mundo-r.net para revisar tu caso?
Un saludo.
Que houbo unha reordenación de canles ?
Ola, Patricio.
Sí, fai uns días que fixemos unha reordenación das canles. Neste listado podes ver como están agora as canles: http://i.r.gal/11x.
Un saúdo.
Yo en mi doña sigo esperando a q pongáis fibra. Está a 100 metros d mi casa, pero perdeis + y + clientes, xq tb tenemos fibra óptica d Movistar y seguís sin decidiros a ponerla. Desde aquí una vez + mi petición.
Hola, Rosario.
Agradecemos tu petición e interés en nuestro servicio. (He borrado la dirección indicada por ser un dato privado)
Nuestra intención es llegar al máximo posible de hogares gallegos y siempre estamos revisando las zonas en las que todavía no cuenta con nuestra red.
Cualquier novedad al respecto la iremos comunicando por los medios habituales.
Un saludo.
¿Y a los que teníamos ya los 500 mbs?
Que suerte tenemos que solo nos sube la factura.
Hola, Xanceda.
Entiendo que los cambios en los precios no se lleven bien ya que supone un cambio en el importe de la factura.
No es de nuestro agrado tener que retocar los precios, pero son necesarios para poder seguir mejorando día a día.
Un saludo.
Pues no es muy justo que a todo el mundo le mejoren la conexión menos a nosotros.
Hola, Xancedq.
Durante el 2019 hemos trabajado para mejorar la conexión en todos los nodos ya aumentado la velocidad. Para revisar tu caso, si quieres, puedes mandarme tus datos a R-al-habla@mundo-r.net y lo reviso.
Un saludo.
A fibra chega a 27890 Cervo pero na Rua bellavista non.
Cal e o motivo.
Ola, José.
Os motivos polos que a fibra non chega a rúa que indicas poden ser varios e non che podería indicar. O máis habitual nestes casos e por cuestión administrativas e de permisos.
Sinto as moletias.
Un saúdo.
Por fin tengo la opción de 500 megas,no fué sin tiempo.
Ahora a mejorar un poco la calidad de la televisión que falta hace.
Al final es cierto que vais a tener más velocidad que el tope de 500 megas?
Hola, Antonio.
Es cierto que próximamente ofreceremos velocidades superiores, pero aún no disponemos de mayor información. En cuanto dispongamos de esta, la comunicaremos por los medios habituales.
Un saludo.
AUTOBOMBO R
¨Mejoramos la velocidad de internet fijo hasta 500 megas. Los clientes de 60 subieron a 100 megas, los de 100 a 200, los de 200 a 300 y los de 350 pasaron a 500/50 megas.¨
Permitome a licencia de vos lembrar que non subistes a velocidade ….Que estades incumplindo e inda por enriba de non cumprir o que prometedes un ano antes , nin sequera sondes capaces de dar a velocidade pola que pagamos…
Melloramos a velocidade da internet fixa ata 500 megas. Os clientes de 60 subiron a 100 megas, os de 100 a 200, os de 200 a 300 e os de 350 pasaron a 500/50 megas.
FALSO, FALSO Y FALSO
Sólo os movéis con reclamaciones en consumo.
Y yo ya estoy redactando la mía.
Ola, Alberto.
A maioría dos clientes xa están migrados á nova velocidade. Si que é certo que nalgunha zona quedan traballos por rematar para poderlles aumentar a velocidade.
Un saúdo.
Ola, quero denunciar aquí o que está a facer R cos clientes de idade avanzada e que non saben interpretar ben a factura.
Unha tía miña que vive soa, ten contratado teléfono R e un móbil no que lle puxen no seu día a tarifa plana 200 min e con 3 xigas de datos porque non había ningunha tarifa plana sen datos económica, ela non necesita datos porque ten un móbil dos máis sinxelos que solo o usa para chamar ou recibir chamadas. Pois nese móbil fóronlle aumentando os datos, e o prezo, ata chegar a 12 xigas; ou sexa, unha persoa de 83 anos pagando por 12 xigas e gastando 0,00. Tiven que ir con ela a unha tenda para que lle modificaran a tarifa do móbil para a plana de 150 minutos para que puidera pagar menos ¿Por que lle aumentaron tanto os datos se non gastaba nada?
Por outra banda, tanto a esta tía miña como a meus pais que teñen teléfono R en novembro pasáronos a factura electrónica sen habelo solicitado.
¿Porque R fai estes cambios sen solicitalos o cliente? Insisto en que se trata de persoas maiores que queren ver a factura en papel e non poden pagar moito xa que as pensións non dan para tanto.
Un saúdo
Ola, Pepe.
Antes de nada, pedirche desculpas polas molestias ocasionadas.
Calquera modificación de tarifa notifícase en factura, polo menos 30 días antes de que se xestionen os cambios para poder realizar calquera modificación nos servizos contratados.
Se queres, podes pasarnos os datos do titular ao correo electrónico fala-con-R@mundo-r.net para revisar os servizos e ver cal é a mellor opción.
Reitero as miñas desculpas polas molestias ocasionadas e quedo á túa disposición para calquera dúbida.
Un saúdo.