menú
Recomendaciones para hacer el Camino de Santiago en bicicleta

Recomendacións para facer o Camiño de Santiago en bicicleta

03/09/2021
Blog R

A ‘Cunchiña’, a mascota do Xacobeo 21-22, chega este domingo a Compostela despois de acompañar o líder da Volta en cada etapa. Se queres emular estes grandes do ciclismo, prepárate para facer o Camiño de Santiago en bicicleta. Pero antes de lanzarte ás toas, segue estas recomendacións.

Setembro é a mellor época do ano para quen decide facer o Camiño en bicicleta. Pensa que a calor xa non aperta tanto e os días seguen sendo bastante longos.

Planifica cada etapa antes de iniciar el Camino

Planifica cada etapa antes de iniciar o Camiño

Para solicitar a Compostela na Oficina do Peregrino ten en conta que cómpre que percorras 200 km. Así que, con isto en mente, planifica cada unha das etapas da túa ruta e personalízaas para adaptalas á túa forma física e obxectivos.

Recoméndase establecer etapas de entre 60 e 100 km. Para que te fagas unha idea, a pé faise unha media de 4 ou 5 km por hora e en bicicleta uns 12 ou 13 km; polo que en 5 horas percorrerás arredor de 60 km.

Organiza ben as durmidas. Se vas durmir nos albergues públicos, os peregrinos de a pé teñen preferencia ante os ciclistas ata as 20:00 h.

Márcate descansos ao longo da xornada. Ao ir en bicicleta serán pouco frecuentes e de curta duración. Iso si, aproveita para coñecer lugares de interese próximos á túa ruta. E ollo, para sempre fóra da estrada e da beiravía.

E aínda que é certo que o máis bonito é ir polos camiños máis rurais e polas sendas propias do Camiño, se nalgún tramo non dás máis de ti, busca un plan B por estrada para que o percorrido non sexa tan esixente.

Finalmente, pensa que vas facer coa bici ao chegar a Santiago. Podes enviala a casa por Correos ou volver en tren, onde hai xa zonas específicas habilitadas.

Extrema la precaución

Extrema a precaución

Na bici, sempre con sentidiño. Garda estas recomendacións:

  • Tenta ir acompañado.
  • Ten moito coidado co tráfico e cos peregrinos que van a pé.
  • Garda sempre as normas de circulación: vai en fila e co equipamento de seguridade que marca a normativa.
  • Revisa ben a bicicleta, especialmente as rodas, antes de cada etapa.
  • Leva algunha cámara de reposto ou un kit antipicadas, por se estás no medio da nada ou é festivo e non hai ningún taller aberto.

E non esquezas que podes chamar ao teléfono gratuíto 112 para calquera emerxencia.

Entrena con antelación

Adestra con antelación

Nada de facer o cabra para fanfurriñar nas túas apps móbiles para ciclistas. Isto non é unha carreira e o adestramento previo pódeche salvar dalgunha lesión.

O ideal sería que te preparases durante un par de meses para que poidas ir superándote de forma gradual.

Empeza por terreos chairos, e aos poucos altérnao con subidas. Así poderás determinar o desenvolvemento do prato e piñóns máis adecuado.

E xa durante os últimos días de adestramento, empeza a meter peso. Incorpora alforxas cargadas aos percorridos diarios para ir afacéndote á carga e ao volume e manter a estabilidade. De todos os xeitos, tenta levar só o imprescindible.

E o mellor consello: goza do Camiño!

Cóntanos, peregrinaches algunha vez a Santiago en bicicleta?

+ info sobre o Xacobeo 21-22

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.