menú

R na Liga Genuine

01/02/2019
Blog R

Ola. Hoxe querémosche contar que desde R acabamos de involucrarnos nun proxecto que nos fai moita ilusión. E é que imos ser patrocinadores dun dos equipos de LaLiga Genuine.

Que é a LaLiga Genuine?

Trátase dunha iniciativa que vincula fútbol e integración social. Comezou a súa andaina da man de LaLiga a pasada tempada e en R unímonos para sumar.

LaLiga Genuine é unha competición formada por conxuntos do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual), na que ademais dos puntos polos resultados deportivos, se premia tamén o xogo limpo e a deportividade. A competición xógase na modalidade de Fútbol 8, partidos de 4 partes de 10 minutos cada unha, e a tempada divídese en 4 fases que se desenvolven en 6 sedes diferentes.

Aprender

Alfredo Ramos, o noso director, sinala que este acordo “representa perfectamente a nosa aposta compartida polo deporte, pola integración social e por valores tan importantes como a deportividade. Algo do que, sen dúbida, saben moito os xogadores e xogadoras deste conxunto. Estamos convencidos de que todos eles poden ensinarnos a nós unha chea de cousas e ofrecernos a cara máis amable e enriquecedora do deporte, aquela que prima a deportividade por encima da loita, o feito de compartir antes que o de competir. Aplaudimos esta fermosa iniciativa de LaLiga e estamos contentísimos de formar parte dela coa nosa R“.

Equipo

Chegamos a LaLiga Genuine da man do Deportivo. O seu presidente, Tino Fernández, agradeceu o apoio pola nosa banda “a través dunha das actividades máis ilusionantes de cantas puxemos en marcha nos últimos 5 anos. Participar neste proxecto de LaLiga é unha satisfacción enorme para todos os que formamos o Deportivo por todo o que transmite, algo que imos vivir de preto e con intensidade”.

O equipo deportivista de LaLiga Genuine está composto por 27 xogadores e unha xogadora (Carmen, unha das capitás) e formouse a pasada tempada coa colaboración da Asociación Down Coruña, Aspronaga, Fundación Adcor, Aspaber, Aspanaes, Aspadisol e Fundación Abrente. Ademais de adestrar dous días á semana nas instalacións da Torre e Abegondo, o equipo participa nos actos sociais do Club como calquera outro equipo, o que supón unha especial motivación para o conxunto e as asociacións, que atoparon a través deste proxecto unha potente ferramenta de visibilización e integración social.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.