menú
leon r viaxeiro

R, en Galicia e fóra, grazas a ti

14/01/2019
Blog R

De seguro que o viches estes días nos medios, pero queremos contarcho de primeira man. Acabamos de cumprir 20 anos, grazas á confianza que tanto ti coma milleiros de galegos depositastes daquela nunha empresa de nome estraño que chegaba ao mundo das telecomunicacións en Galicia. E aí segues. Agora, dúas décadas despois, damos un pequeno salto grazas á túa confianza.

Este 2019 R comezará a ofrecer servizo fóra de Galicia. A día de hoxe xa temos moitos clientes con móbilR máis aló da nosa comunidade: en Ceuta, Melilla, Canarias, Cataluña, Madrid, Mallorca… Moitos mesmo preguntaban se tamén sería a posible ter a liña fixa ou o wifi con nós. Ben, de momento non é posible en toda España, pero a boa nova é que comezaremos a ofrecelo en León e en Cantabria.

Dende hai tres anos, como sabes, traballamos man a man cos compañeiros de Euskaltel. Moitos daquela amosaron a súa preocupación por R e, como podes comprobar, non só seguimos coma sempre, senón que agora medraremos e presumiremos de servizos noutras comunidades.

Iso si, o compromiso e o investimento en Galicia continúa inmutable. É máis, comezamos o ano inaugurando a rede de fibra óptica en Ribadumia e en Meaño. E nos últimos meses do ano chegamos a concellos que non tiñan alta velocidade, como Abegondo, Cerceda, Cuntis, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso ou Muros.

Así que durante este novo ano, por unha banda seguiremos despregando fibra en Galicia e, pola outra, iremos con toda a humildade a León e a Cantabria a ofrecer os nosos servizos, algo que nos fai moita ilusión, por poder levar unha marca galega a outros lugares de España.

Así que che agradecemos unha vez máis que R poida dar este paso, que nos recomendases aos teus amigos e familiares cando ninguén nos coñecía e que hoxe sexamos a primeira opción alí onde temos rede. Agardamos manter a túa inestimable confianza, traballando para mellorar, como levamos facendo estas dúas décadas.

Etiquetas: , , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. DAVID G. di:

    En primer lugar muchas felicidades! De esos 20 años, yo ya llevo 10 con vosotros. Os descubrí cuando vine a vivir a Coruña desde Barcelona, y después de haber pasado por Movistar, Vodafone y Orange como cliente. Malas experiencias que se saldaron con vuestro excelente servicio, aunque andando casi a diario por este foro, parece que la gente no le da el valor que se merece;porqué Internet a gran velocidad, Televisión, movil y demás servicios los puede ofrecer cualquiera, pero en atención al cliente, amabilidad cuando tienes una incidencia, rapidez en solventar problemas y ante todo calidad, ahora mismo no lo he encontrado en ningún lado. Felicidades por esos 20 años y que sean 40!! De parte de un cliente satisfecho, contento y agradecido. Un saludo;-))

  2. LUISA R. di:

    É verdade que calquera pode dar servizos de televisión, teléfono fixo e móbil, internet, etc, pero en cánto a xestionar incidencias, rapidez nas respostas, o bo facer do servizo técnico, a atención, amabilidade e resolución do servizo de atención ao cliente, sinceramente, non coñezo ningunha empresa que o faga mellor, que teñen algún que outro erro?, pois si, pero calquera deses poucos erros vese compensado por todo o demais que ofrecen e dan.
    E se a todo iso, lle engadimos o escoitar polas súas liñas telefónicas a nosa fermosa lingua,
    Para que queremos máis?. Pero sempre adiante, sempre mellorando.
    Un saúdo para todos eles.

  3. Germana di:

    Hola,me alegra mucho q r se expanda fuera de Galicia , como usuaria vuestra y asturiana espero que algun dia llegeis hasta Asturias,muchas gracias