menú
R lleva la fibra óptica a más hogares y negocios de Vilanova de Arousa

R leva a fibra óptica a máis fogares e negocios de Vilanova de Arousa

01/09/2020
Blog R

Os núcleos de Currás, Tarrío e Viñagrande, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

O operador galego vén de rematar alí parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares arousáns. Deste xeito, arredor de 150 novos fogares e negocios dos núcleos de Currás, Tarrío e Viñagrande quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle outros 275 inmobles nos vindeiros meses, co que a peche de ano falaremos xa dunhas 425 novas residencias particulares e empresas conectadas a estas redes avanzadas.

R ten investido con anterioridade no despregamento da súa rede en Vilanova de Arousa, polo que a día de hoxe dispoñen da cobertura das redes de nova xeracion do operador galego arredor de 640 fogares e empresas deste municipio da provincia de Pontevedra.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento en Vilanova de Arousa encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe R xa ten chegado coas súas redes de nova xeración, no marco do Plan Avanza, a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Grove, A Estrada, Cambados Noia e, agora, en Vilanova de Arousa.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade, e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello Vilanova de Arousa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Abel di:

    Sin dudas el peor soporte tecnico, imposible contactar para solucionar una averia.llevo 1 semana sin linea fija por averia. Son unos golfos

  2. Avatar Hugo di:

    Hola! En el Lugar Mouzos en Vilanova de Arousa hay proyectos de instalación de fibra? Ya que en este lugar no hay cobertura casi de ningun tipo el ADSL es de 1 mega que no llega a nada, por si te interesa esta cerca de Pontearnelas. Te doy la dirección exacta: Tremoedo, Lugar Mouzos, 1, Pontevedra. Es una casa de planta baja.
    Si no hay proyectos de instalación quiero mostrar mi interes por que la instalen.