menú
O Grove cuenta con acceso a la red de fibra óptica de R

O Grove conta con acceso á rede de fibra óptica de R

10/06/2020
Blog R

O núcleo de Pardiños, no municipio pontevedrés do Grove, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Dende R vimos de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica nesta zona, aproveitando ao máximo as infraestruturas do lugar grovense. Así, arredor de 140 novos fogares e negocios do Grove quedan preparados para recibir dende agora os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle outros 340 inmobles proximamente, co que a peche de ano falaremos xa de 480 residencias particulares e empresas conectadas a estas redes avanzadas.

Levamos anos investindo no despregamento de rede no Grove, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeracion de R un total de 3.943 fogares e empresas deste municipio da provincia de Pontevedra.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento no Grove encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Servizos avanzados para máis de 65.000 novos fogares e negocios

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, R xa ten levado co plan anterior as súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño e Boqueixón.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello do Grove

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Jesus di:

    ¨Todas estas localidades pueden disfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidad GRARANTIZADA¨….Como garanticedes os 500Mb simetricos como garantizades os 200/20 van apañados os pobres….

    • blog R blog R di:

      Ola, Jesús.

      Si, garantimos a velocidade de todos os nosos servizos de internet a través de fibra cando a conexión se fai a través de cable. Se non estás a alcanzar a velocidade contratada, non dubides en contactar co noso soporte técnico no 1449 opción 2 para revisalo.

      Un saúdo.

      • Avatar Jesus di:

        Nada home… tranquilo que xa o levo facendo case un ano…… E milagrosamente solucionano todo en dous dias……
        -Estamos a traballar para solucionar a sua incidencia.
        -A sua incidencia xa foi solucionada.
        Eso si… sen solucionar nada…. Seguimos tendo o mesmo problema de saturacion….perovsolucionado….
        As caras que poñen os pobres dos tecnicos que envian a solucionar unha incidencia de falta de caudal real para unha rede sobresaturada non teñen prezo….. O unico que ten prezo e a factura que pagamos todos….so que uns con 500mb simetricos e outros con 200mb con coaxial e que non chega nin o 50% do contratado nas horas punta….
        Pero como as risas van por barrios e R non da ningunha fecha para actualizar os nodos antiguos eu si que son capaz de dar unha fecha…na que os vou a mandar a merda o dia seguinte que un operador poña fibra na vila….

  2. Avatar Olga Sánchez Cebrián di:

    Buenas, quería saber si llega la red a SanVicente Pedras Negras
    Gracias

  3. Avatar Fran di:

    Por favor, podeis decirme cuando vais a llegar a Tierno Galvan, Maianca – Oleiros? LLevo meses, años preguntando. Este año pasado salio en periodicos que ibais a desplegar fibra en Maianca, nadie me informa de que calles se va a actuar ni de nada. He pedido informacion, primero me dicen que no hay prevision, dias despues me dicen que si que hay prevision. Por favor, simplemente quiero saber si va a llegar o no. Y en que calles se esta haciendo o se hará el despliegue de Maianca? Muchas gracias.

  4. Avatar Isma di:

    Cando vai chegar a fibra a zona de Fonte de Ons-Revolta(Sanxenxo).Sei que estamos nos plans de despliegue….pero cando?

  5. Avatar Montxinho di:

    Qué ben. O problema e que aqui só hai HFC e a 40m está Entrehortas e os Pardiños con FTTH.
    En Entrehortas ou nos Pardiños, quen contrate a mesmo combo con 200mb, aparte de que pagaríamos o mesmo prezo, esta boa xente contaría con 200mb SIMETRICOS e desco 4k. Mentras que aquí, 200/20, co desco HD e si se quere o 4k, toca pagar. Qué ben, qué bonito todo. Qué “banda ancha”

    “Levamos anos investindo no despregamento de rede no Grove….”
    Onde? Esta próxima subida en Agosto xa vai ser a 8ª ou 9ª subida sen nada a cambio, xa que o máximo que deixades son 200mb asimetricos…probablemente cos mesmos equipos que están ahí dende que actualizachedes hai 7 ou 8 anos.

    O peor, e que estamos atrapados con vos. Co mesmo perfil de conexión dende fai anos e anos, as latencias a nivel de ADSL e todo a prezo de FTTH cando non o é nin por asomo.
    Estamos catalogados como que temos “banda ancha” e aquí no centro non hai subvencións para FTTH, polo tanto, ata que lle acorde a telefónica, tocará monopolio a pedales de R.

    • blog R blog R di:

      Hola, Montxinho.

      Sinto moito as molestias ocasionadas.

      Cando ofertamos o produto o facemos segundo a tecnoloxía instalada e imos modernizando a mesma pouco a pouco.

      O noso produto informa sobre a velocidade de descarga, a de subida depende, como ben sabes, do tipo de tecnoloxía instalada pero non ofertamos velocidades de subida diferentes.

      Lamento as molestias ocasionadas.

      Un saúdo.