menú
R lleva la fibra óptica al municipio de A Estrada

R leva a fibra óptica ao municipio da Estrada

05/06/2020
Blog R

O núcleo do Vilar, no municipio pontevedrés da Estrada, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Dende R vimos de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica nesta zona, aproveitando ao máximo as infraestruturas do lugar estradense. Así, arredor de 130 novos fogares e negocios da Estrada quedan preparados para recibir dende agora os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle outros 150 inmobles proximamente, co que a peche de ano falaremos xa de 280 residencias particulares e empresas conectadas a estas redes avanzadas no concello pontevedrés.

Levamos anos investindo no despregamento de rede na Estrada, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeracion de R un total de 5.790 fogares e empresas do municipio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento na Estrada encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Servizos avanzados para máis de 65.000 novos fogares e negocios

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, con servizos hoxe en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, R xa ten levado co plan anterior as súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas en Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Pontecaldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño e Boqueixón.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de turismo.aestrada.gal

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Javier garcia gomez di:

    Eso me parece genial pero la gente que esta en la ciudad como es la coruña aun no veo el primero qye disponga de fibra simetrica como yo que tengo 500 mb pero en cable coaxial pagando lo maximo en tv,internet,con 3 lineas moviles eso si sin ser fibra

  2. Avatar Lukitas di:

    No entiendo muy bien la noticia, en determinados núcleos que se citan, como el de A Estrada, se dispone o se dispondrá de 500 megas simétricos, pero sin embargo el resto de clientes que tenemos contratados 500 megas, seguiremos con la asimetría de 500/50. ¿Es eso, no? Supongo en ese caso que las tarifas de los que tenemos contratados 500 asimétricos serán inferiores a los de los que se les ofrecen 500 simétricos. Sino sería otra tomadura de pelo más de las que a veces nos acostumbra R. Saludos

    • blog R blog R di:

      Hola, Lukitas.

      En aquellos sitios donde desplegamos nueva red, ya instalamos la tecnología FTTH para que llegue la fibra directa a la vivienda. En las zonas donde trabajamos con coaxial, tardaremos más ya que son trabajos más complejos para adaptar las cabeceras a estas velocidades e implica volver a cablear toda la red actual. Esperamos tenerlo en un futuro, pero no disponemos de un plazo para informarte.

      Un saludo.

  3. Avatar Fidi di:

    R camiño do desastre co que vende, cando termine de cablear xa non estarei aqui. eu recomendo a todos clientes de R buscar outro operador que deann mellor servicio E dijo mais quero a portabilidad do mue fixo libre xaaaaa, e que deixen de poñer medo calquer operador ten a mesma ou mellor atencion o cliente.

    • blog R blog R di:

      Ola, Fidi.

      Lamnento moito que teñas esa percepción.

      Somos os primeiros que traballamos para ofrecer o mellor servizo posible. É certo que podemos equivocarnos pero tratamos sempre de buscar unha solución.

      En canto ao tema das portabilidades, recorda que debido ao RD que se aprobou polo Estado de Alerta non era posible realizar as mesmas, pero non era algo noso, era unha orde para todas as operadoras.

      Un saúdo.

  4. Avatar Manuel Peña di:

    O que esta clarisimo e que en canto chegue a fibra e haxa competencia en todolas pequenas vilas onde estades vos solos ides ter que poñer a tranca…
    Estades ofertando tecnoloxias desfasadas HFC e cobrandoas o mesmo prezo que a ultima tecnoloxia FTTH e inda por enriba con moito menos velocidade… ..
    E despois preguntadesvos o por que se cabrea a xente….
    Pouco vos pasa..